A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo abre as súas portas
- culturazgal
- 15 nov 2021
- 1 Min. de lectura
Durante os días 15,16 e 17 de novembro, a EASD Mestre Mateo celebrará a súas xornadas de portas abertas para dar a coñecer a súa oferta educativa

Paula Fernández / Santiago de Compostela
Se queres formarche para emprender unha carreira artística profesional é o teu momento. Fundada en 1888, a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela é un centro de ensino artístico público, con rango de estudos universitarios, dependente da Xunta de Galicia. Esta escola ofrece a aqueles que estean interesados a posibilidade de aprender o oficio.Tanto é así que formou a persoas que están a triunfar no mundo da moda como é o caso de Isaac Castelo, deseñador de Caasi Sera. Ademais, contribuíu á profesionalización das actividades artísticas en Galicia.
A xornada Apertura desenvolverase no Auditorio Abanca na rúa do Preguntoiro 23 onde se expoñerá a oferta formativa do centro: deseño de Moda e Produto, Ciclos Superiores de Escultura, Arquitectura Efémera, Fotografía ou Xoiería, entre outros.

Tal e como podemos observar no programa, numerosos expertos asistirán e ofrecerán charlas: David Barro Director da Fundación DIDAC, Manolo Paz artista Premio da Cultura Galega en 2011, Rodrigo Riveiro xoieiro e responsable da marca Ferraxe de Prata.
Estas xornadas están organizadas en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, a fundación DIDAC, a Xunta de Galicia e a fundación obra social ABANCA. Os asistentes terán a oportunidade de coñecer ao equipo docente, aos propios alumnos, os proxectos nos que participa o centro… Así mesmo, o persoal resolverá as dúbidas que poidan xurdir.
Commentaires