Fran Basteiro gaña o premio “ Xuventude Crea 2021” na categoría de moda
- culturazgal
- 7 dic 2021
- 2 Min. de lectura
A súa colección ' Out of this world' cativou ao xurado, o pasado 1 de decembro, na final celebrada na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela

Paula Fernández / Santiago de Compostela
O verinés Fran Basteiro gañou, con tan só 24 anos, o premio “ Xuventude Crea 2021” da categoría de moda coa súa colección ' Out of this world'. Así mesmo, a Xunta de Galicia premiou o seu talento e creatividade cunha gratificación económica de 3000 euros.
Basteiro, alumno da escola de moda coruñesa FormArte, inspirou dita colección en Neil Armstrong e a súa viaxe á lúa. A través dos seus cinco deseños pretende transmitir á sociedade a existencia dunnovo paradigma na masculinidade onde non existen cabida a estereotipos. Expresa mediante tecidos en tons iridiscentes e pezas fluídas esa liberdade.
A final celebrouse o pasado 1 de decembro na capela da Universidade de Santiago de Compostela. O xurado estivo constituído pola encargada de entregar os premios Cristina Pichel, directora xeral de Mocidade e por relevantes figuras do mundo da moda como Heriberto Otero, Belén Correa, Patricia García Lema, María de Fátima Díez Pratas e Paula Montoto.
Finalmente, a segunda praza foi para Marta Do Río Moldes, de Vigo, por Lost e a terceira para Beatriz Chan Costa, de Pontevedra, con Sotorm boy.
O traballo do gañador e o do resto dos finalistas poderanse visitar de luns a sábado na Igrexa da USC ata o 15 de xaneiro, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.
O certame galego de Creadores Novos, Xuventude Crea 2021, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, ten como obxectivo visibilizar e fomentar o talento dos mozos galegos. Son un total de 14 categorías as que compoñen este concurso: creación de videoxogos e videocreación; novela curta; cociña; teatro; artes plásticas; fotografía; música; poesía; deseño de xoias; danza; moda…

Concretamente, na última disciplina mencionada é necesario cumprir os seguintes requisitos: os participantes deben de presentar unha colección coherente de 5 modelos de home ou de muller, especificar o tecido e os complementos que se utilizaron para cada un, presentar os deseños en láminas de formato DIN A-3 (297 mm x 420 mm), con deseño de fronte e de costas e por último, unha ficha técnica da colección e mostras dos tecidos que se utilizaron na confección.
Comments