top of page

O Casino de Vigo acolleu o Desfile solidario Fashion Dolls

  • culturazgal
  • 5 dic 2021
  • 2 Min. de lectura
O pasado sábado 4 de decembro celebrouse esta pasarela benéfica en favor de ASANOG no Centro Comercial A Laxe


Cartel do Desfile Fashion Dolls

Paula Fernández / Santiago de Compostela


O sector da moda mostra o seu lado máis solidario. O Casino de Vigo celebrou, onte 4 de decembro, nas súas instalacións do Centro Comercial A Laxe o Desfile benéfico Fashion Dolls. As prazas eran limitadas ata completar o aforo permitido polas medidas de seguridade sanitarias. Así pois, os interesados reservaron as súas entradas a través do teléfono 986 59 40 34. Cabe destacar que a entrada a menores estaba restrinxida e para acceder ao recinto foi necesario mostrar o pasaporte COVID e o uso da máscara. Como cortesía, todos os asistentes recibiron unha copa de cava.


O evento foi organizado pola Axencia de modelos de Pontevedra mividaentretelas e contou coa implicación de numerosas marcas do sector téxtil da cidade viguesa como Monlif, Miriam Guerreiro, My Vintage Clothes, Princippesa, Uxori tocados etc. O espectáculo cheo de cor e deseño comezou ás 21.00 horas, presentado por Raquel Gamallo que contou coa participación da axencia de DJ' s Galite Eventos e pola estudante de fotografía Liberdade González.

E é que este desfile foi un acto benéfico para ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia). Todo o recadado ía para as súas arcas, por iso, habilitáronse urnas na entrada para realizar doazóns e mesas de xogo 100% solidarias.



Logotipo de ASANOG

ASANOG é unha asociación sen ánimo de lucro creada en 2012 por un grupo de pais cun denominador común: ter un fillo enfermo de cancro. O seu obxectivo principal é poder mellorar a calidade de vida do neno oncolóxico e a das súas familias. A organización ponse ao servizos dos afectados para axudarlles a percorrer e soportar o difícil camiño que teñen que transitar.

En definitiva, a moda non só serve para mostrar roupa senón que tamén contribúe a visibilizar causas solidarias como foi o caso deste desfile benéfico.


Comments


bottom of page