A exposición ‘Construíndo a Historia da Educación en Galicia', unha homenaxe aos docentes
- culturazgal
- 13 dic 2021
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 16 dic 2021
A mostra, creada por alumnos da facultade de Ciencias da Educación, poderá visitarse desde hoxe ata o día 7 de febreiro do vindeiro ano

Ainara Corredoira/Lugo
A Facultade de Ciencias da Educación acollerá do 13 de decembro ao 07 de febreiro a mostra 'Construíndo a Historia da Educación en Galicia', unha exposición organizada polo profesorado e o estudantado do Grao co obxectivo de poñer en valor a traxectoria de educadores e educadoras que ao longo da historia de Galicia contribuíron a sentar os alicerces para unha cidadanía máis crítica e participativa.
Alumnas e alumnos, coa colaboración de diferentes profesionais do eido social e educativo, indagan sobre diferentes mestras e mestres, pedagogas e pedagogos, e educadoras e educadores por medio de revisións bibliográficas, entrevistas, documentación audiovisual ou análise de arquivos, entre outros.
Este é a cuarta edición deste proxecto de ApS que coordinan Alexandre Sotelino e Patricia Alonso na materia de Teoría e Historia da Educación Escolar.
A inauguración da mostra terá lugar o día 15 de decembro ás 10.15 horas no vestíbulo da facultade.
En que se basea o proxecto?
O proxecto ‘Construíndo a historia da educación en Galicia: Maestr@s + Educador@s’ enmárcase na matería de Teoría e Historia da Educación Escolar do Grao en Mestre de Educación Primaria da Universidade de Santiago de Compostela.
Así por medio da metodoloxía aprendizaxe-servizo búscase cubrir a necesidade social de dar a coñecer o importante papel que os ascendentes profesionais viñeron labrando para que hoxe día se poidan consolidar novos procesos e contextos educativos. O alumnado participante aprende contidos propios da materia, pero tamén vinculados a outras competencias da titulación na que se enmarca.
Algúns dos homenaxeados
Comments