Arranca a quinta edición do proxecto de fotografía 'A ollada sensible'
- culturazgal
- 10 dic 2021
- 2 Min. de lectura
Actualizado: 15 dic 2021
A cidade de Lugo convértese por quinto ano consecutivo no escenario da 'fotografía a cegas' para abrir esta disciplina artística ás persoas con con diversos graos de discapacidade visual

Ainara Corredoira/Lugo
A cidade de Lugo acolle unha nova edición do proxecto 'Fotografía a cegas. A ollada sensible', que propón adentrarse na fotografía dende a percepción sensorial abrindo así este campo creativo a persoas con diversos graos de discapacidade visual.
Promovido pola Rede Museística Provincial de Lugo, 'Fotografiando a cegas' consta de diferentes talleres e exercicios, as persoas participantes adquirirán distintos mecanismos e coñecementos para crear un álbum persoal. Desta maneira convídase aos participantes a que tomen as ferramentas e recursos fotográficos dunha forma cotiá e natural, buscando na actividade da fotografía unha opción para desenvolver a súa creatividade, motivar a inquietude artística e afianzar recursos profesionais, en definitiva unha actividade que se rexe pola máxima de eliminación de barreiras fomentando a igualdade de oportunidades.
En que consiste 'A ollada sensible'?
A quinta edición de Fotografía a Cegas, 'A ollada sensible' expón a necesidade de adentrarse na fotografía dende a percepción sensorial, desta volta, diversas disciplinas artísticas como a danza, a creación audiovisual ou a música, serán o eixo central dos talleres programados nos 4 museos da Rede Museística, a fotografía e a imaxe, serán o nexo común dos talleres propostos.
Fotografía a Cegas é un proxecto comisariado por Encarna Lago e Iago Eireos dende a Rede Museística de Lugo. Os artistas invitados para impartir os obradoiros de esta edición son Cris Vilariño da asociación 3 Monos que impartirá un taller de expresión corporal, Ledicia Bellón dirixirá un taller de “Movemento son e tempo”, Vane Rivas e Andres Haensel impartirán o obradoiro a fotografía dende a percepción e música”, Carmen Porteiro dirixirá o taller “Sentir a fotografía”, ademáis todo o proxecto quedará rexistrado nunha curta documental dirixida por Henrique Lamas.

Como participar no proxecto
As persoas interesadas en participar nos obradoiros e realizar así o seu proxecto fotográfico poden contactar por teléfono con calquera catro museos da Rede – Museo de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Pazo de Tor e Museo Fortaleza de San Paio de Narla – ou escribir ao enderezo electrónico: comunidadermpl@gmail.com
Comments