A marca galega Andion clothing arrasa en Instagram
- culturazgal
- 4 nov 2021
- 2 Min. de lectura

Paula Fernández / Santiago de Compostela
Andión Clothing logrou facerse un oco na industria da moda. Á marxe da gran acollida por parte dos usuarios desta rede social, marcas de todo o mundo interesáronse polos seus deseños. Tal é o éxito que a cadea inglesa de alta gama Selfridges, situada no número 400 de Oxford Street, encargoulles unha colección.
A marca galega naceu hai dous anos da man dunha filla e a súa nai no seu taller familiar situado preto de Santiago de Compostela. Este levaba operativo desde 1975, pero, só dedicouse á confección a medida para os clientes da zona. Con todo, foi en 2019 cando, dende o anonimato, decidiron lanzar unha serie de blusas de inspiración romántica feitas a medida con tecidos moi exclusivos. O propio nome da marca é unha homenaxe xa que é o apelido do seu pai e avó.
Ambas teñen experiencia nesta industria xa que a filla, seguindo os pasos maternos, licenciouse en moda e traballou durante doce anos en recoñecidas marcas do sector. Esta encárgase da parte do deseño, pero todo pasa pola súa nai que é quen saca os patróns e monta a peza de acordo co tecido. Así mesmo, contan cun pequeno equipo de costureras locais.
Actualmente, non teñen nin tenda física nin páxina web, só unha conta de Instagram que acumula máis de 58.000 seguidores dende a que tratan cos clientes e xestionan os envíos a todo o mundo.
As súas camisas de estilo romántico son moi favorecedoras e permiten transformar calquera básico como uns vaqueiros nun look sofisticado. Teñen este toque victoriano con estampados florais, mangas farol, grandes pescozos bobo, puños marcados, delicados bordados... Ademais das blusas, Andión Clothing vende outro tipo de pezas como vestidos, shorts ou sombreiros. Cabe destacar que todos os artigos teñen nome de muller e trasládannos á época victoriana: Mary Rose, Juliette ou Claire, entre outros.

Ata o momento, elaboraron moi poucas unidades de cada modelo porque as teas esgótanse con rapidez.
Comments