Bonnie Tyler, a lenda do pop-rock internacional, tocará mañá en Santiago
- culturazgal
- 6 dic 2021
- 1 Min. de lectura
O concerto terá lugar no Multiusos Fontes do Sar este martes 7 de decembro ás 22:15 horas

Patricia Otero / Santiago
A lenda do pop-rock internacional Bonnie Tyler encóntrase xa en Santiago de Compostela para preparar o concerto que ofrecerá mañá no Multiusos Fontes do Sar dentro da programación promovida pola Xunta de Galicia con motivo do Xacobeo 21-22. A súa actuación está organizada polo Festival Vilablues.
Bonnie Tyler presentará en directo os temas do seu octavo álbum de estudio, The Best Is Yet to Come --O mellor está aínda por vir--, un traballo de pop-rock con marcadas influencias dos anos 80 e que inclúe tanto temas orixinais como catro versións. A cantante, segundo informa a organización, móstrase "moi feliz e orgullosa" do seu novo álbum. "É simplemente rock, pero debuxa un sorriso na miña cara cada vez que o poño. Espero que estas novas cancións lles levante o ánimo. O momento no que poida ver as súas caras riseiras será moi especial. Prometo que o mellor está por vir", explica.
A lexendaria cantante, posuidora dunha das voces máis singulares do panorama internacional, repasará tamén os seus grandes éxitos, como It's a Heartache, Total Eclipse of the Geart ou Holding Out for a Hero, entre outros.
O concerto de Bonnie Tyler, que dará comenzo ás 22,15 h., estará precedido polas actuacións do dúo Blues do País, coa súa reinterpretación en clave galega dos clásicos de este xénero, e de Duendeneta Dilleis.
As entradas dispoñibles poden adquirirse na web woutick.es e mañá no portelo de entradas do propio Multiúsos Fontes do Sar, que abrirá o acceso ao recinto do concerto ás 20,00 h.
Comments