top of page

Natalia Labourdette gaña o concurso Compostela Lírica, no que participaron voces de once países

  • culturazgal
  • 13 dic 2021
  • 2 Min. de lectura
A madrileña fíxose co primeiro posto nunha competición na que cantaron vinte solistas

A cantante soprano Natalia Labourdette. ABC

Patricia Otero / Santiago


Tres voces femininas alzáronse cos premios da cuarta edición do concurso de canto Compostela Lírica organizado pola Asociación Amigos da Ópera de Santiago. A gañadora foi a madrileña Natalia Labourdette, quedando segunda clasificada Mar Morán, de Badaxoz. Irene Zas levou o recoñecemento á mellor voz galega.


Un total de vinte solistas competiron esta fin de semana no certame, que se celebrou no Auditorio de Galicia. Neste 2021, o concurso continúa a súa senda de consolidación e podemos destacar o gran nivel que atopamos entre as 20 voces seleccionadas. Hai participantes moi experimentados que actuaron xa en grandes prazas e en competicións de primeira orde", explicou Jesús Couceiro, presidente da Asociación de Amigos da Ópera, nunha rolda de prensa.


Na rolda, sinalouse tamén o carácter internacional de concurso, xa que polo Auditorio de Galicia pasaron cantantes de once nacionalidades diferentes: España, Colombia, Venezuela, Ucraína, China, Irlanda, Portugal, Serbia, Reino Unido, Brasil e Francia.


4.000 euros de premio

A madrileña Natalia Labourdette recibirá 4.000 euros como premio, ademais de participar en tres recitais remunerados (un coa Real Filharmónica, outro no marco do Festival Les Musicales du Luberon e outro coa Orquestra de Oviedo). A vencedora, que estudou violín en Madrid e canto en Berlín, xa conseguiu galardóns noutros concursos internacionais.


Pola súa parte, a pacense Mar Morán tamén unirá o premio a outros tres recibidos este ano. Nste caso, obterá 1.500 euros e unha actuación remunerada en Santiago. No caso de Irene Zas, que iniciou os seus estudos de canto no Conservatorio Profesional de Música de A Coruña e actualmente está no Conservatorio de Música Luigi Cherubini de Florencia, o recoñecemento consiste nunha actuación remunerada.



Comments


bottom of page