Pablo Alborán esgota todas as entradas para o seu concerto na Coruña en seis horas
- culturazgal
- 14 dic 2021
- 2 Min. de lectura
Ante a boa acollida o Palacio da Ópera da cidade xa anunciou unha segunda data na que poder desfrutar do cantante

Patricia Otero / Santiago
Nin seis horas durou a venda de entradas para o concerto de Pablo Alborán o próximo 1 de maio do 2022 no Palacio da Ópera. De feito, o Palacio da Ópera acaba de anunciar na tarde deste martes unha segunda data para o día seguinte, 2 de maio. As estradas para esta nova actuación no recinto coruñés xa están á venda a partir de 38 euros máis gastos de xestión en Ataquilla.com. Ambos concertos serán ás 21.30 horas.
"Non faltará ningunha das grandes cancións que o converteron nun dos artistas de maior éxito da música española e sorprenderá con cancións inéditas", avanzan ou seus promotores.
Por outra banda, explican que o espectáculo terá dúas partes. "Por unha banda, o artista coa súa guitarra e o seu piano, a soas co público, como cando presentou as súas primeiras cancións hai máis dunha década, e na outra parte do concerto acompañado polos seus músicos".
Xira por teatros e auditorios de toda España
Pablo Alborán volverá aos espazos íntimos que apenas transcenderon desde o despegue da súa carreira musical cunha xira por teatros no 2022. Polo momento recorrerá 13 cidades españolas, con paradas no Auditorio Nacional de Madrid ou no Palau da Música de Barcelona. Segundo informou a súa promotora, o primeiro dos concertos terá lugar o 26 de febreiro no Teatro Auditorio da localidade almeriense de Roquetas, para continuar por algúns dos máis importantes recintos do país.
A súa xira concluirá cas paradas do 6 de maio no Teatro da Axerquía de Córdoba, o 3 de xuño no Auditorium de Palma de Mallorca e ca do 20 de xuño no Teatro Cervantes da súa Málaga natal.
Komentáře