top of page

Imagine Dragons elixe Santiago como parada da súa nova xira mundial

  • culturazgal
  • 24 nov 2021
  • 2 Min. de lectura
A banda estadounidense visitará a capital galega o próximo 11 de xullo no seu primeiro concerto en España en catro anos

Cartel do concerto de Imagine Dragons en Santiago. galiciaenconcierto.com

Patricia Otero / Santiago


O Monte do Gozo de Santiago de Compostela será unha das paradas da nova xira mundial da banda estadounidense Imagine Dragons, que visitará a capital galega o próximo 11 de xullo. É o seu primeiro concerto no noso país en catro anos e por iso prometeron sacar todo o seu arsenal. A xira europea do seu Mercury Tour arranca en maoo de 2022 en Praga y chegará en Santiago de Compostela o día 11 de xullo do próximo ano. A banda tamén estará en Madrid o próximo 7 de xullo dentro da programación do Mad Cool Festival.


Dan Reynolds e a banda presentarán en directo o seu último traballo discográfico, Mercury - Act 1, que viu a luz o pasado 3 de setembro e que conta con cancións como Wrecked, Cutthroat ou Follow You. Recentemente sorprenderon co lanzamento do seu último tema: Enemy, para a banda sonora da serie de animación Arcane do videoxogo League Of Legends. A canción foi publicada o 28 de outubro e converteuse nunha das revelacións do ano con máis de 50 millóns de streams en menos dun mes.


Desta forma, o Monte de Gozo, escenario de grandes eventos na capital galega, acollerá un dos 20 concertos previstos ata a data no paso por Europa do 'Mercury Tour'. A preventa de entradas para o evento quedará aberta a partir das 10,00 horas deste xoves nas páxinas web de Live Nation e Ticketmaster e o venres 26 sairá a venta xeral. O prezo de saída serán 57 euros máis gastos de distribución.





Comments


bottom of page