top of page

Leticia Rey, a compositora galega que lle canta ás luces do día

  • culturazgal
  • 10 nov 2021
  • 2 Min. de lectura
Esta cantante de Vila de Cruces acaba de sacar o seu primeiro EP logo de gañar o certame de Estudos Mans o ano pasado

Portada do primeiro sinxelo de Leticia Rey titulado "Tal Vez". @leticiareymusic

Patricia Otero / Santiago


Leticia Rey é unha cantautora que no 2020 decidiu probar sorte e presentarse ao certame de bandas galegas emerxentes Sonidos Mans Salas. A súa calidade vocal e as súas composicións fixeron que gañara o concurso e que lle deran a posibilidade de gravar un videoclip e un EP con Estudios Mans. Agora, un ano despois, presenta o seu primeiro proxecto formado por catro cancións que, segundo a cantante, “é unha viaxe a través das luces do día”.


A compositora, nada en Vila de Cruces, tivo claro desde sempre que se quería dedicar á música, pero non foi ata os 11 anos cando empezou a tocar instrumentos e posteriormente co canto. “Entre que tiña moitos bloqueos por temas de timidez e non era tan fácil acceder a estudos de cando era complicado. Foi algo que tiven que coller algo máis tarde. Pero a música foi sempre a miña elección”, explica Leticia. De feito a propia cantante confesa que ela non se tomaba moi en serio o feito de compoñer, non era algo que valoraba, pero en 2019 deuse conta do potencial que tiñan as súas cancións e de que aí apostar forte pola música. “Dinme conta de que a medida que foron pasando os anos e me ía formando as cancións ían collendo forma. A partir de aí empecei a tirar para diante con todo e a demostrar o que facía”, indica.


Logo de gañar o certame de Estudios Mans, a cantautora xa tiña claro o que quería facer para o seu primeiro proxecto. A ela para compoñer inspíranlle moito a observación do seu entorno. Este primeiro EP quixo dedicarllo ás luces que van pasando ao longo do día, desde o amencer ata o atardecer. “Entre a primeira canción e a última hai unha transición nos temas que vou tocando. É o máis representativo de cada momento do día. De feito, están por orde de mañá á noite para escoitalos nos diferentes momentos do día”, destaca Leticia.


Este primeiro EP saíu ao mercado en outubro. Un mes despois da súa publicación a cantante móstrase moi contenta cos resultados. “Tivo unha acollida moi cariñosa. En Spotify medraron as escoitas. Á xente estalle gustando moito máis do que esperaba”, di Leticia.


A pandemia, o momento auxe das súas composicións

A Covid-19, a pesar das ansiedades, foi un momento moi doce para Leticia, xa que conseguiu compoñer moito máis e descubrir facetas dela que non coñecía. “A min axudoume para inspirarme, porque obrigoume a estar comigo mesma e ao final a arte nace cando te obrigas a estar contigo mesmo”, explica. Ademais, tamén comenta que gracias a todo o material que fixo nese momento se presentou ao certame de Mans, o que lle abriu moitas portas. De feito, dúas das cancións que incluír neste primeiro EP saíron dese período de confinamento.


Leticia confesa que noutras circunstancias seguramente houbera tido máis traballo na música, pero está conforme cos concertos que tivo este verán e espera poder sacar todas as cancións que compuxo. Por agora, podemos desfrutar dela no próximo concerto, que se celebrará o 27 de novembro en Sada.



Comments


bottom of page