top of page

Lourdes León, filla de Madonna, protagoniza a nova campaña de Bimba e Lola

  • culturazgal
  • 24 nov 2021
  • 2 Min. de lectura
A firma galega apostou pola moza para a súa colección outono/inverno de 2021 chamada thisisTECHNONATURE


Captura do vídeo promocional da campaña outono/inverno 2021

Paula Fernández / Santiago de Compostela


A marca galega Bimba e Lola, fundada en 2005 por Uxía e María Domínguez, é unha das empresas de moda e complementos con máis éxito empresarial de España. A súa rede de tendas está presente en 17 países, concretamente en cidades tan destacadas como París, Londres, Lisboa, Milán, Roma, Singapura…. E continúa expandíndose por todo o mundo.


A súa nova colección de outono-inverno 2021 recibe o nome de thisisTECHNONATURE. Este proxecto dirixido por Carlos Sáez conta coa dirección creativa da maquilladora profesional, Isamaya French e con Lourdes León como protagonista. Trátase da primeira campaña publicitaria da filla de Madonna para Bimba e Lola. Con todo, con tan só 24 anos xa traballou con grandes marcas da industria como Jean Paul Gaultier, Adidas ou Swarovski. Cabe destacar que un dos motivos polos que se escolleu á moza foi que reflicte á perfección a personalidade da marca: creativa, valente e curiosa.


O fío da campaña é unha historia orixinal a medio camiño entre a realidade e a ficción na que a protagonista, Lourdes León, tras interactuar cun cogomelo máxico penétrase nun mundo de fantasía dixital, colorido e floral. Coma se dun videoxogo tratásese, experimenta con varias expresións artísticas como a danza, o movemento e a expresión corporal.



Neste mundo que creou Bimba e Lola podemos atopar cogomelos máxicos, redes de micelio e diferentes especies de flora e fauna. Así mesmo, o vídeo promocional da campaña está composto de agradables cores resplandecientes, luces, unha variedade de texturas, estampados con toque tecnolóxico e dunha música vivaz.


Entre os produtos que conforman a nova colección atopamos gabardinas, vestidos, bolsos acolchados ou de pelo falso, medias estampadas, zapatos coloridos e pezas de bixutería como maxi chokers, pulseiras de cadea etc. Todos eles en concordancia coa temática da campaña.


Imaxe promocional da colección

Prendas do nova campaña de Bimba e Lola

En definitiva, unha colección moi orixinal que xa está a arrasar na web e nas tendas físicas da firma galega.


Comments


bottom of page