top of page

Moda sostible en Galicia, un exemplo a seguir

  • culturazgal
  • 1 dic 2021
  • 2 Min. de lectura

Paula Fernández / Santiago de Compostela


Segundo a Axencia Europea de Medio Ambiente, a industria da moda é responsable do 10% das emisións de gases de efecto invernadoiro. É dicir, unha porcentaxe maior que a industria da aviación e da mensaxería xuntas. Así mesmo, o impacto deste sector vai máis aló xa que producen máis de 92 millóns de toneladas de refugallos e consomen 1,5 billóns de litros de auga ao ano.


Agora ben, a que nos referimos cando falamos de moda sostible? Esta incorpora unha serie de prácticas no deseño, elaboración, confección e consumo das pezas que son respectuosas co medio ambiente. Entre elas, destacan a diminución da sobreproducción de pezas cuxa finalidade é reducir as emisións de CO2. Ao mesmo tempo, as marcas que se definen así mesmas como eco friendly tamén respectan aos seus traballadores fomentando condicións laborais xustas e salarios dignos.


Hoxe en día, existe unha maior concienciación do impacto social e ambiental que provoca o modo actual de consumir moda. Por iso, naceron novas marcas que se envorcaron na explotación dos recursos e na produción duradeira deixando atrás a moda de “usar e tirar”. Este é o caso das dúas firmas galegas que describiremos a continuación, un claro exemplo de compromiso coa sustentabilidade.


Xiro Atlantic Denim Ecojeans


É unha marca contemporánea galega de roupa vaqueira que se produce de forma ecolóxica. Todos as súas pezas confecciónanse no taller Confecciones Maime situado en Boqueixón, A Coruña. Nesta sede tamén leva a cabo todo o deseño e a produción apostando pola xeración de emprego local. Tanto é así que á hora de escoller provedores adáptanse á dispoñibilidade de materiais para que sempre procedan da zona.



Páxina web de Xiro Atlantic Denim Ecojeans

A súa roupa está confeccionada con tecidos orgánicos e libres de substancias tóxicas cos que a peza gaña en durabilidade. Concretamente, o tecido que máis utilizan denomínase raw denim, unha tea sen tratamento. Así pois, usan unha combinación de 98% algodón orgánico e 2% elastano. A cremalleira está feita de aliaxe de zinc, un material cuxos residuos se reciclan durante o proceso de produción.

Ademais, os seus materiais sostibles proceden de produtores europeos que dispoñen de certificados que velan polo medio ambiente e polos seus traballadores.

Coolstripe


Coolstripe é unha firma situada na Coruña que deseña pezas sostibles por mor de patróns tradicionais. Os seus deseños son elegantes e atemporales que favorecen a durabilidade e caracterízanse pola combinación de cores suaves co obxectivo de transmitir calma.

A marca ten un gran compromiso coa produción sostible, por iso, producen localmente pequenas coleccións para evitar xerar máis do necesario reducindo así as emisións de gases nocivos.



Páxina web de Coolstripe

O seu esforzo e dedicación foi recoñecido co premio á mellor colección de moda sostible de 2021 pola Circular Sustainable Fashion Week Madrid.

Estas firmas están a arrasar no oficio grazas á súa produción respectuosa co medio ambiente, a proximidade dos materiais e a calidade das pezas feitas integramente en Galicia.


Comments


bottom of page