top of page

O deseñador coruñés Isaac Castelo aterra en París

  • culturazgal
  • 10 nov 2021
  • 2 Min. de lectura

Actualizado: 12 nov 2021

Isaac Castelo Ares, coñecido na industria da moda pola súa marca Caasi Sera, presenta a súa primeira colección de alta costura na capital francesa


Conta oficial de Instagram de Isaac Castelo

Paula Fernández / Santiago de Compostela


Caasi Sera foi fundada en 2015 polo novo deseñador co obxectivo de transformar a moda nunha ferramenta que permitise á muller sentirse sensual, elegante, atrevida e única con cada deseño. Os seus patróns teñen unha estética propia, caracterízanse por un alto coidado dos detalles, polo dominio da cor, pola súa creatividade e exclusividade.


Castelo estudou un grao en Deseño de Moda na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo en Santiago de Compostela. Posteriormente, licenciouse en creación de moda en ESMOD (Escola de Artes e Técnicas da Moda) de París especializado en alta costura.


Na súa breve pero intensa traxectoria, o deseñador coruñés vestiu a numerosas influencers e figurou nalgunhas das revistas de moda máis importantes do noso país como Vogue. Entre os rostros máis coñecidos que apostaron por él destacan: a actriz e presentadora galega Lucía Regueiro que luciu un vestido da firma para as badaladas na TVG, Dulceida, Mery Turiel, Areta Fusté, Sandra García… Así mesmo, Blue Ivy Carter - a filla maior de Beyoncé - acudiu á final da Super Bowl cun top de Caasi Sera.


Actualmente, con tan só 22 anos presentou a súa primeira colección de alta costura en París. Le Dernier Éclat foi o nome elixido das pezas que incluíu na presentación.

Esta colección posee un transfondo crítico que pon en dúbida o lado máis superficial do mundo da arte, medita acerca da desmesurada importancia que poden chegar a adquirir algúns personaxes. Ademais, as vestimentas pretenden manifestar como os seres humanos ignoramos a morte ao longo da nosa vida. Así pois, Castelo tomou como referencia o falecemento de artistas destacados como Gianni Versace, Federico García Lorca ou Ange- Jacques Gabriel.


Peza da colección Le Dernier Éclat

París é unha das mellores cidades do mundo para facerse un oco na industria da moda. A nova promesa continuará formándose nalgunhas das grandes empresas do sector.


Desde Cultura Z estaremos moi pendentes dos seus futuros deseños!

Comments


bottom of page