top of page

O desfile Debut de Esdemga recupera a presencialidade

  • culturazgal
  • 17 nov 2021
  • 2 Min. de lectura
A pasarela celebrarase o vindeiro xoves 18 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra

Cartel de Debut 2021

Paula Fernández / Santiago de Compostela


A pandemia do coronavirus impediu, o ano pasado, a realización da tradicional pasarela de Debut. Trátase dun desfile anual no que os graduados dos Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia ( Esdemga) presentan as coleccións que conforman os seus proxectos de fin de estudos. Así pois, ao non haber acto público, os deseños dos alumnos difundíronse a través das redes de sociais do centro e no Edificio Castelao do Museo Provincial de Pontevedra.


Este ano recupérase a presencialidad e Debut 2021 terá lugar o vindeiro xoves 18 de novembro ás 20.00 horas no Recinto Feiral do Pazo da Cultura pontevedrés. As entradas son gratuítas e estarán dispoñibles a través da plataforma Woutick .



Cartel de Debut na plataforma Woutick

A directora de Esdemga, Lola Dopico o vicerreitor do campus, Jorge Soto, e a concelleira de Cultura, Carme Fouces, anunciaron que o evento seguirá estritamente todos os protocolos establecidos polas autoridades sanitarias para garantir a seguridade dos asistentes. Os modelos someteranse a un test de antíxenos antes de subirse á pasarela, establecerase un novo sistema de control de acceso e reducirase o aforo a 800 persoas. Cabe mencionar que unha parte estará integrada por profesionais da moda xa que este acto concíbese como un punto de encontro co mundo laboral.


Esta edición recompilará o maior número de coleccións ata a data, 23. Este aumento débese a que os alumnos do ano pasado non puideron participar.

Así pois, presentarán os seus Traballos de fin de estudos os alumnos de Esdemga e do Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa de Moda.


Os premios

Por outra banda, outorgaranse tres galardóns: un premio ao mellor deseño e creatividade dotado con 3000 euros; a Xunta de Galicia, a través de marca Artesanía de Galicia, premiará con 1.500 euros á colección con maior valor artesanal; e a empresa Digipress Epson, especializada na impresión dixital de tecidos, dotará con 1.500 euros á colección que mostre aplicacións innovadoras coa técnica de sublimación na impresión de tecidos.


O xurado estará formado por Tiziana Domínguez, directora creativa de Adolfo Domínguez; Olga Liggeri, directora xeral dá revista Vaidade; Helena López do Hierro, directora do Museo do Traxe de Madrid, e a consultora de moda Celeste Chipperfield.


Desde Cultura Z desexámoslles un gran éxito!


Comments


bottom of page