O Nadal de Vigo é máis ca luces: abre o tradicional belén monumental na Casa das Artes
- culturazgal
- 27 nov 2021
- 3 Min. de lectura
Actualizado: 6 dic 2021
‘Imos a Belén’ é un belén artístico de coidada escenografía que consta de duascentas figuras elaboradas entre finais do século XIX e mediados do século XX

Ainara Corredoira/Lugo
A cidade de Vigo abre hoxe outro dos seus principais atractivos de Nadal: o Belén monumental da Casa das Artes. Desde este sábado ata o 6 de xaneiro, o público poderá visitar a exposición con máis de 200 figuras dos prestixiosos obradoiros de Olot. O deseño conxuga os elementos e personaxes tradicionais dun nacemento con escenografías locais, feitas ex profeso: os ríos Lagares e Eifonso, a vila romana de Toralla, a oliveira, a ponte romana de Castrelos e o mercado do Berbés, entre moitas outras.
O Belén poderá ser visitado entre as 17 e as 21:30 horas de luns a xoves, mentres que nos venres se engadirá á quenda de tarde a apertura tamén de mañá, de 11 a 14 horas. Os sábados, domingos, festivos e víspera de festivos o horario é ininterrompido: de 11 a 21:30 horas. Os días 24 e 31 de decembro e o 5 de xaneiro, pechará ás 19 horas, mentres que o 25 de decembro e os días 1 e 6 de xaneiro abrirá en horario de tarde: de 17 a 21:30 horas.
Que é ‘Imos a Belén’?
‘Imos a Belén’ é unha invitación a coñecer a representación tradicional do nacemento de Xesús e a achegarse a unha parte da historia de Vigo, onde o Nadal se vive na actualidade con toda a intensidade.
A recreación do primeiro Nadal na Casa das Artes ofrece a posibilidade de viaxar dous mil anos atrás no tempo para chegar a Belén a través da estrela, os pastores, os reis, os ánxeles o o portal. Nese mundo en miniatura de cortiza, serradura e musgo, o patrimonio da cidade ten o seu espazo propio coa representación dos ríos Lagares e Eifonso, os petroglifos de Matamá, a Vila romana de Toralla, as salinas romanas do Arenal, a salazón de Alcabre, a ponte romana de Castrelos, o Olivo ou o mercado do Berbés.
Duascentas figuras artísticas cargadas de historia da escola de Olot
O belén artístico reúne unha selecta colección de figuras da escola de Olot realizadas desde finais do século XIX a mediados do século XX, pertencentes á propia colección da Agrupación Belenista La Morana.
As esculturas dos santos de Olot atópanse sen dúbida entre as manifestacións máis impresionantes da arte sacra do século XX, nunca se apreciaron plenamente a causa do desprezo da elite cultural polas obras de arte producidas en serie. Porén, coa revalorización da arte kitsch a partir dos anos sesenta, as imaxes relixiosas de Olot convertéronse en iconos de estilo dotados dun innegable valor estético que son moi aprezadas no mercado anticuario.
Visitar o belén vigués, unha experiencia que paga a pena
A visita ao belén vigués permite adentrarse nun universo cargado de beleza e atractivo que ofrece na Casa das Artes unha visión de todos os aspectos que configuran o rico e variado mundo do Belén máis tradicional; desde os aspectos simbólicos e máxicos, á graza e significado das súas figuras populares.
Todo iso, a través dun guión expositivo no que destacan pezas de finais do século XIX e que é desfrutado por miles de persoas durante as festas de Nadal de Vigo. Esta iniciativa do Concello conta coa experiencia da Agrupación Belenista La Morana, que traballa na preservación e difusión desa arraigada tradición navideña. Co desexo de que se desfrute do recorrido polo Belén, desde o Concello espérase que os visitantes sigan deixándose sorprender polo Nadal Vigués.
コメント