top of page

O pop tradicional convértese no gañador do Concurso "Narf"

  • culturazgal
  • 23 nov 2021
  • 2 Min. de lectura
A banda Peña fíxose ca primeira posición, conseguindo os 3.000 euros do premio.

Integrantes da banda Peña. Faro de Vigo

Patricia Otero / Santiago


Peña foi a banda gañadora do Concurso Fran Pérez "NARF" para grupos e artistas musicais que promove a Deputación da Coruña e que tivo lugar o pasado domingo 22 de novembro no Teatro Colón da Coruña nun espectáculo que foi transmitido en directo a través do canal de Youtube da Deputación.


Nel participaron as cinco bandas finalistas: Peña, Tandub, Sleepy Spice, Elba e Secho, ademais de Grande Amore, o grupo convidado, nun acto que foi conducido pola xornalista Neves Rodríguez.


Peña é un trío pontevedrés que fai unha mestura de pop con raíces tradicionais. Veñen de publicar o seu primeiro longa duración titulado 'Carreiro', logo do EP 'Fórmula'. Os segundos clasificados, Tandub, conforman unha fusión da música tradicional Gnawa (norte de Marrocos, Tánxer) con outros xéneros como o reggae, o drum&bass e a electrónica, cun potente directo.


A terceira posición foi para a compostelá Elba, que no seu proxecto acual mestura diferentes estilos como synth pop, new wave ou post-punk con elementos tan clásicos como o canto lírico. O cuarto clasificado foi Secho, o dodrense que vén de publicar en 2021 o seu segundo LP, 'Recuperar'. E de quinta rematou Sleepy Spice, unha artista coruñesa de música urbana en galego e castelán que compón, grava e mestura os seus temas nun móbil.


Catro premios

Os premios eran de 3.000 euros para a primeira banda clasificada, 2.000 para a segunda, 1.500 para a terceira e 1.000 para a cuarta. O premio "NARF" de música ten o obxectivo de difundir, apoiar e promocionaros grupos e artistas musicais das diferentes comarcas e localidades galegas, así como lembrar e difundir socialmente a figura e a obra do músico e compositor Fran Pérez "Narf".

Comments


bottom of page