top of page

Roberto Verino novo membro da Academia Galega de Belas Artes

  • culturazgal
  • 29 nov 2021
  • 1 Min. de lectura
O deseñador galego ocupará a praza vacante do departamento de Artes da Imaxe


Imaxe da páxina web do diseñador

Paula Fernández / Santiago de Compostela


A Real Academia Galega de Belas Artes levou a cabo unha actualización das prazas existentes. O seu obxectivo era obter unha maior representación en ámbitos relacionados coa creatividade, investigación ou a divulgación do Patrimonio Cultural de Galicia.


A institución reuniuse o pasado sábado 27 de novembro para elixir aos novos membros numerarios. Tras a votación reglamentaria, os escollidos foron a pintora Mónica López Alonso, a escultora María del Carmen Pérez Pereira, a catedrática de Historia de arte da Universidade de Santiago Ana Goy Diz, o arqueólogo municipal do Concello de Ourense José María Eguileta Franco, o arquitecto Felipe Pena Pereda e por último, o deseñador Roberto Verino que cubrirá a praza vacante na sección de Artes da Imaxe.


O deseñador galego conseguiu combinar a artesanía e a experiencia nas súas creacións. Os seus deseños son atemporales e dirixidos a unha sociedade que segue as tendencias pero sen perder a perspectiva. Dito en poucas palabras, trátase dunha lenda da moda española.

Así pois, tras aceptar este novo reto demostra unha vez máis o seu continuo afán de superación.


Comments


bottom of page