top of page

Santiago de Compostela e A Estrada, as próximas paradas de Guadi Galego en Galicia

  • culturazgal
  • 11 nov 2021
  • 1 Min. de lectura
A cantante actuará nestas cidades os días 11 e 12 de novembro co seu disco "Costuras"

Guadi Galego na xira Costuras en Boiro. guadigalego.eu

Patricia Otero / Santiago


Os vindeiros días 11 e 12 de novembro, "Costuras" será presentado por Guadi Galego en dúas galas que terán lugar en Santiago de Compostela e na Estrada. "Costuras" aúna 10 cancións de Guadi Galego e Carlos Abal que viaxan desde mundos asociados á súa infancia ata o presente máis duro e á vez esperanzador, onde a autora amosase tal como é.


Neste disco a artista non actúa soa e conta con tres colaboracións que completan o disco, dúas poetas Antía Otero e Marina Oural e unha cantante, a catalá Paula Grande. A produción musical, a cargo de Olivera Estudi, dá un novo aspecto ás creacións de Guadi, entrando en campos electrónicos, sen esquecer a parte máis orgánica, creando texturas únicas dentro do pop.


Este xoves 11 de novembro actúa nos Premios San Martiño de Normalización Lingüística no Teatro Principal da Estrada ás 20:30 e o venres 12 actuará no salón nobre de Fonseca, en Santiago, na Asemblea Xeral de ELEN que reunirá en Compostela ás principais entidades en defensa da lingua de Europa.

Comments


bottom of page