Un obradoiro de percusión tradicional para non perder as costumes galegas
- culturazgal
- 28 nov 2021
- 1 Min. de lectura
O domingo 28 de novembro a Asociación Gaiteir@s Galeg@s organiza unha xornada dedicada á pandeira e ao toque de lata de pementón

Patricia Otero / Santiago
A Asociación Gaiteir@s Galeg@s (AGG), a través da Tradescola e en colaboración coa área de cultura do Concello de Lugo, organiza este domingo 28 de novembro no CENTRAD de Lugo unhas Xornadas dedicadas á percusión tradicional, con obradoiros de pandeira, e toque de lata de pementón, a ao que asistirán persoas chegadas de distintos lugares de Galicia.
Ás 16.00 horas, Branca Villares impartirá un obradoiro de pandeira, no que amosará a todos os asistentes, distintas técnicas e posibilidades deste instrumento tan característico da comarca da montaña, así como repertorio característico desta zona.
As 18.00 horas, Roberto Rodríguez impartirá un obradoiro de iniciación ao toque coa lata de pementón no que fará un achegamento inicial ao emprego da lata de pementón no repertorio de cantares para o baile solto e agarrado en Galicia.
Para a AGG está é unha cita "imprescindible", xa que para eles "calquera cultura que queira gozar de boa saúde, haberá de preocuparse de ter presenza na sociedade, e transmitir a súa historia e costumes".
A celebración das xornadas levarase a cabo cumprindo todas a medidas de seguridade necesarias por mor da COVID-19. A participación nas xornadas será de balde, previa reserva e ata completar aforo.
Comments