A 5ª Feira do Gourmet Galego volve a Pontevedra
- culturazgal
- 1 dic 2021
- 3 Min. de lectura
Actualizado: 15 dic 2021
O Recinto Ferial acollerá os días 10, 11 e 12 de decembro o evento Etiqueta Negra con 100 produtores diferentes

Sabela Freire / Santiago de Compostela
A cidade de Pontevedra convértese no núcleo do gourmet galego coa celebración da 5ª Edición da Etiqueta Negra os días 10, 11 e 12 de decembro. Neste evento, profesionais e produtores poderán descubrirse ao público e a outros expertos, expoñendo as actuais tendencias do sector en Galicia. Enfrontando a situación epidemiolóxica do ano pasado, na que non se puido realizar a feira, a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, asegura que a 5ª Edición da Etiqueta Negra volve con moita forza.
A Feira Gourmet adoitaba celebrarse no mes de novembro, pero as limitacións de espazo público provocaron que a programación se trasladara aos días 10, 11 e 12 de decembro. “En este caso se va a celebrar en el Recinto Ferial. Ahora mismo está Culturgal, que también es otro evento del Concello y había que hacerlo ya sí o sí”, aclara a edil de Promoción Económica. Nesta nova edición, o perímetro encherase de 100 prudutores do sector gourmet galego, profesionais da restauración, da alimentación e da distribución, cos seus respectivos stands. Todos eles foron elixidos cun criterio de singularidade e orixinalidade, tendo en conta a extrema calidade dos seus produtos.
O público que asista ao evento poderá descubrir bebidas alcohólicas como viños, licores, vermús e cervexas e outro tipo de bebidas como cafés e infusións. Ademais, poderán afinar o seu padal con alimentos dunha alta calidade, entre os que haberá marmeladas, mel, galletas, tortas, doces, aceites, queixos, patés, carnes, caracois, setas… e moitas delicias máis. Os amantes da gastronomía, terán a oportunidade de probar todos os produtos na Zona de catas e nos showcooking: “Constarán de diferentes cocineros que harán cocina en directo, en vivo y demás. Siempre con limitaciones de aforo y con todas las medidas necesarias”. Acompañando as catas, estará a Tetería da Deputación de Pontevedra, que exhibirá o té galego elaborado con camelias da Estación Fitopatolóxica de Areeiro. Os interesados en participar nestas mostras deben inscribirse previamente, xa que soamente haberá 20 prazas. O resto de persoas que accedan ao recinto, deben seguir as medidas habituais: xel, toma de temperatura, mascarilla, etc.
A Feira Gourmet estará aberta ao público en horario ininterrumpido, dende as 11:00 horas ata as 21:00 horas o venres e o sábado e o domingo ata as 20:00 horas. Como se trata dun horario continuado, Yoya Blanco salienta a existencia dunha cafetería: “En este caso la llevará Iñaki Bretal, por lo que vamos a tener una cafetería estrella Michelín”, declara. Ao tratarse dun evento do delicatessen galego, achéganse ata a cidade produtores de todas partes de Galicia, pero a súa dimensión non remata aquí. “Esto tiene más dimensión que solamente Galicia porque al final son productores que venden y que están vendiendo a través de la feria y esta tiene muchas reuniones de negocio”, asegura a concelleira. Profesionais do sector de toda España e do norte de Portugal desplázanse ata Pontevedra para ver os produtos e reunirse cos produtores, creando sinerxias. “Llevaban muchos meses llamándonos y preguntándonos cuándo se iniciaba la feria porque para los pequeños productores es muy importante”, enuncia Blanco.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, destacou na presentación deste luns, os beneficios da celebración das xornadas gourmet para a cidade, situándoa como “referente gastronómico, con Estrellas Michelin, con cociñeiros e cociñeiras do Grupo Nove e cunha calidade de produtos extraordinaria e aos que se lles está dando unha voltiña con iso que se chama innovación e a través de showcookings”. Ademais, fixo fincapé na necesidade de mudar o esquema mental de cada un: “Non somos moitas veces conscientes do potencial que ten este país”, asegurou.
Como patrocinador principal do evento está Estrella Galicia, aínda que tamén colaboran Cabreiroa -como auga oficial-, a Deputación de Pontevedra, Eroski, Gadis e a Mancomunidade do Salnés. Ademais, este ano sumáronse Froiz, CIFP Carlos Oroza, Gráficas Anduriña, Efímera Espacios Temporais e Labauh Factory.
Comments