Pontevedra prepárase para a inauguración da V edición de Etiqueta Negra
- culturazgal
- 9 dic 2021
- 3 Min. de lectura
A feira gourmet establecerase no Recinto Ferial dende mañá ata o este domingo

Sabela Freire / Pontevedra
A cidade de Pontevedra prepara os seus últimos detalles para a celebración das xornadas de Etiqueta Negra no Recinto Ferial. As portas desta feira gourmet abriranse mañá ás 11:00 horas para que o público poida disfrutar dun centenar de expositores de produtos de alta calidade. Acompañando aos postos haberá un programa de actividades, onde destacan a cociña en directo, as degustacións e as catas.
Para introducir as xornadas gourmet, o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais albergou esta mañá a actividade “1906/ ETIQUETA NEGRA”. O acto estaba dirixido a 30 profesionais da hostalaría da cidade e da comarca, baixo o obxectivo de “impulsar a cociña colaborativa co fin de xerar riqueza e valor na comunidade local a través da alianza con provedores e outros profesionais do sector”, explican dende o Concello. O encontro comezou cunha mesa redonda denominada “Gastronomía Colaborativa”, coa participación de Iñaki Bretal, chef do Eirado da Leña; Carlos Ávila, responsable de Cultura de Cerveza de Hijos de Rivera e os produtores e propietarios da queixaría Airas Moníz, Xesús Mazaira, e das conservas Los sabores del Camino, Milagros Castro. Tras esta mesa, executouse unha degustación maridaxe dos produtos con cervezas 1906.

O Recinto Ferial de Pontevedra acollerá o epicentro do delicatessen galego dende mañá ata o este domingo día 12. Neste encontró dos mellores sabores de Galicia, o público poderá descubrir e degustar diferentes produtos gourmet. Os stands albergarán viños, licores, doces, aceites, queixos, carnes, conservas e empanadas, entre moitas máis delicias. O público máis gourmet poderá participar nas actividades da Zona de Catas ou da Tetería da Deputación de Pontevedra. Todas son gratuitas, pero de inscripción previa cun total de 20 prazas.
Programación
O CIFP Carlos Oroza de Pontevedra será o centro encargado da apertura do evento cunha demostración ás 11:30 horas de “Bebidas e snacks saudables” da man do alumnado de 2º curso do ciclo medio de Servizos, baixo a coordinación dos profesores Carlos Rodríguez e Jorge Verdeal. Ás 13:00 horas, o alumnado do Obradoiro de Emprego Hostalería do Salnés ocuparase do showcooking “Petiscos do Salnés”. Baixo a supervisión dos profesores Paco Caneda e Pilar Amoedo, os alumnos realizarán dumplings recheos de centola con crema de marisco, bocadillo de xarda lañada con pisto confeitado e salsa de lima e unha escuma de queixo galego con crema de marmelo, licor café e galleta de mazá para 70 persoas. Para axudar coa inxesta non pode faltar a bebida, polo que os pratos serán acompañados por un mojito de Albariño e un Chupito de Piruleta.
A programación continúa pola tarde da man de Estrella Galicia cunha degustación maridaxe “Coruña Cociña-Pracer” ás 18:30 horas con Moncho Bargo by 1906. Bargo presentará catro pratos dos que dous poderán ser degustados por 75 persoas. O restaurante coruñés Pracer ofrecerá croqueta de centola & 1906 Reserva Especial, Navalla & 1906 Galician Irish Red Ale; Cervo & 1906 Red Vintage e tarta de queixo Savel & 1906 Black Coupage.
Nas seguintes xornadas o público poderá gozar de máis degustacións da man de grandes cociñeiros e descubrir os produtos dos 100 stands do recinto. No evento celebrado este mañá, a concelleira de Promoción Económica da cidade, Yoya Blanco, quixo animar á ciudadanía a achegarse ao Recinto: “Convidamos a todo o mundo a que se achegue ao Recinto Feiral a desfrutar desta feira, que é xa unha marca consolidada e que sen dúbida será un éxito”, manifestou.
Comments