Cristina Alonso: "Disfruto moito descubrindo sitios novos e, se me gustan, compartindoos co resto"
- culturazgal
- 6 dic 2021
- 4 Min. de lectura

Navegando a través dunha doble identidade -de profesión ortodoncista e de paixón aconselladora gastronómica- Cristina Alonso deu vida a “Chegar e encher” para compartir a súa valoración persoal sobre locais de Galicia.
Entrevista de: Sabela Freire / Pontevedra
As redes sociais ocupan un espazo importante na vida de gran parte da sociedade, sobre todo, da xente nova. A través destas, as persoas relaciónanse e comparten contidos con individuos de moitos sitios diferentes do mundo. Grazas a elas, un pódese mostrar tal e como é, ademais de exhibir os seus gustos. Fascinada polas facilidades e posibilidades que ofrece a red social Instagram, a moza ortodoncista, Cristina Alonso, decidiu amosar a súa paixón pola gastronomía a través da conta “Chegar e encher”. Con este perfil, Alonso sube imaxes dos restaurantes ou cafeterías as que acode e lle gustan, deixando unha positiva valoración para os seus seguidores. Para ela este traballo non é ningún sacrificio xa que "para min comer é un dos praceres da vida e as redes sociais tamén me gustaron dende sempre", asegura.
Como xurdiu a conta “chegar e encher”?
Dende sempre na miña conta persoal gustábame compartir os sitios onde ía comer. Amigas de confianza animábanme a abrir unha conta gastronómica e continuamente falabamos de posibles nomes para ela, polo que en xaneiro de 2020 decidín abrila. Simplemente tiña pensado compartir o que xa facía na miña conta, pero máis ordenado e cunha estética máis coidada.
Despois chegou a pandemia polo que, tratei de compartir os locais que facían envíos a domicilio durante a cuarentena e cando comezou a desescalada centrábame en compartir os restaurantes que íaan abrindo, para axudalos nos momentos tan duros que lles tocou vivir.
Que relación ten vostede coa gastronomía?
A verdade é que ningunha, simplemente disfruto moito descubrindo sitios novos e se me gustan, compartindoos para que o resto tamén poidan disfrutalos.
De onde procede a súa paixón?
É puramente vocacional, para min comer é un dos praceres da vida e as redes sociais tamén me gustaron dende sempre.
Como se organiza para seguir a súa vida persoal e manter o perfil actualizado?
Sempre me gustaron as redes sociais polo que no día a día non supón un esforzo para min. intento facelo sen presión e sen obrigación de ter a conta ao día, compartindo cada día o que me apetece, por exemplo, nas historias.
Si que é certo que cando subo unha publicación teño que invertir máis tempo para preparar as fotos, seleccionalas, e escribir o texto, e trato de facelo ó final do meu día de traballo ou os fines de semana.
Tamén adico moito tempo buscando restaurantes en Google Maps, Tripadvisor, lendo reseñas doutros usuarios e gardando sitios que me resultan de interese para futuras visitas.
É difícil realizar e compartir contido deste tipo tendo máis aspectos persoais nos que centrarse?
Depende da época. O máis importante de todo é que disfruto facendo o que fago e publicar un restaurante ou unha cafetería nunha historia forma parte do meu tempo de lecer. Inda así, si que influe moito a semana, pois hai alguna ocasión na que estou mais agobiada de traballo, xa que tamén estou facendo un máster, ademais de traballar. En función diso, saio máis ou menos a comer ou tomar algo
Como realiza os contidos da conta? Segue algún esquema?
En canto as historias é todo como xorde, publico unha foto ou video feito no momento.
Nas publicacións si sigo un esquema. A idea principal é que sexa todo moi visual; que dende o inicio da conta poidas diferenciar as recomendacións por cores según a zona. É dicir, a primeira foto de cada publicación leva en grande o nome da cidade ou zona de onde é o restaurante, e cun mesmo cor, polo que así dende fora podes entrar nas publicacións que che interesen en función de que cidade vaias visitar.

Tamén comparte contido relacionado co turismo rural, onde mostra apartamentos asentados na propia natureza, trátase de contidos acorde a experiencias propias?
Con respecto ó turismo rural, foi algo que se me ocurriu xa que últimamente coa pandemia creo que aumentou moito este tipo de consumo relacionado coa natureza.
A idea inicial da conta sempre foi recomendar todo tipo de cousas que poidan interesarlle á xente de Galicia, de feito últimamente tamén compartín marcas de comercio local, xa que por un lado creo que podo axudarlles un pouco compartindo e, por suposto, creo que pode ser de interese para os meus seguidores.
Que finalidade ten “chegar e encher”?
Gustaríame ser unha conta á que recurrir cando vas de visita a calquer sitio e non sabes onde comer ou tomar algo. Tamén aportar ideas de cousas que me resulten interesantes, sobre todo, en Galicia, dende comercio local, turismo rural, plans e excursións para facer ou lugares que visitar.
Que pretende aportar aos seus seguidores?
Aportar ideas e información para todos os bolsillos e, por suposto, dende a miña opinión persoal.
Sentiu que a sociedade galega necesitaba consellos e reseñas sobre gastronomía?
Si, ás veces recibo mensaxes preguntando por algunha recomendación e sinto que confían en min á hora de elexir.
Ata onde lle gustaría chegar coa súa conta?
Non me poño limites. O meu obxetivo é gozar con esto e chegar á xente. Tamén poder axudar tanto aos meus seguidores como ás contas que comparto sen ningún obxectivo concreto, pero por suposto gustariame ir crecendo pouco a pouco.
Comments