A augardente, unha tradición que se vai perdendo
- culturazgal
- 1 dic 2021
- 3 Min. de lectura
A augardente sempre foi algo moi común dentro da historia e do modo de vida dos galegos e galegas durante moitas xeracións. Pero a realidade é que, co paso do tempo, esta tradición estase a perder por mor dos cambios tecnolóxicos, industrais e culturais.

Javier Caínzos / Santiago de Compostela
O oficio da elaboración da augardente en Galicia, antaño era case exclusivo dos augardenteiros. Estes homes ían pasando os seus coñecementos aos fillos para que tiveran unha vía de traballo no futuro.
Creábase así toda unha tradición que pasaba de xeración en xeración. Esta mini-reportaxe busca dar a coñecer e pór en valor esta historia de man dos protagonistas e de expertos en canto ao mundo augardenteiro se refire.
Para comezar, cómpre explicar e poñer en contexto a historia da augardente: Cara principios do século XX, había moitas persoas que se dedicaban á elaboración da augardente en Galicia, chegando a haber toda unha rede pola nosa comunidade. Estes homes, marchaban meses fóra da casa co fin de conseguir cartos para unha vida mellor.
A situación era aínda máis complicada nas seis primeiras décadas do século, onde moitos non tiñan vehículos e moitas veces tiñan que ir cargando cos alambiques. Mais o peso que máis lles pesaba nas costas, era deixar á familia atrás tantos meses.
Unha vez explicado un pouco o contexto histórico e a temática principal desta reportaxe, este medio quere dar voz aos que de verdade traballan e se preocupan por unha tradición tan importante para Galicia como é a da augardente. Para iso, temos a colaboración do director técnico da destilería Augardientes de Galicia, Miguel Ángel Gómez González. Esta destilería, fundada no ano 1992, está situada en Vedra de Ulla, en A Coruña.
En palabras de Miguel Ángel Gómez: “Hai un gran descoñecemento do mundo da augardente. É unha pena: máis que un alcohol forma parte dun patrimonio inmaterial, cultural e tecnolóxico da nosa terra”. Isto exemplifica a importancia deste tipo de producto para a historia e a idiosincrasia galega.
Na actualidade, a maioría da augardente é producida polas destilerías. A tradición augardenteira nas aldeas de Galicia vai cada vez desaparecendo máis para deixar paso ás destilarías profesionais. As causas son varias: perda da tradición augardenteira, aparición de novos requisitos e permisos, o éxodo rural, o crecemento destas grandes empresas... “As tradicións vánse perdendo, non creo que sexa un problema de cidade ou de pobo, hai moita xente no pobo que antes o facía e agora xa non o fai. Agora hai grandes industrias que destilan augardente e antes non. Industrializouse moito, agora é para gañar diñeiro e antes para facer na casa”, declara Miguel Ángel.

Por outra banda, Sandra Cortés (doctora e máxima autoridade en destilados) afirma que o único que lles vai permitir seguir vendendo augardente galega, e que sexa recoñecida e distinguida noutras otras zonas, é precisamente porque aínda que sexan equipos industrais búscase manter e respetar a tradición.
Como comentouse ao principio, a situación dun augardenteiro era moi complicada. Juan Caínzos Bellas, fillo dun augardenteiro, di o seguinte: “Normalmente saíase en outubro da casa cara distintas zonas para destilar, chegando a botar 2-3 meses fóra.”
Como conclusión e, tendo en conta a perspectiva dos expertos, é unha verdadera pena a constante pérdida da tradición augardenteira. Sempre é unha pena o olvido de calquera tradición, pero esta pode chegar a doer aínda máis xa que as nosas xeracións sufriron por estar neste mundo e preocupáronse por axudar as súas familias nunha época na que había escaseza tanto económica como alimenticia.
Comments