Galicia como gran protagonista para a próxima edición dos Premios Goya
- culturazgal
- 30 nov 2021
- 2 Min. de lectura
Actualizado: 1 dic 2021
A 36ª edición deste evento terá lugar o próximo 12 de febreiro do 2022 no Palau de Les Arts na cidade de Valencia

Javier Caínzos / Santiago de Compostela
Esta vindeira edición dos Premios Goya 2022 terá a Galicia como a principal representación nos premios en canto ao número de nominacións se refire.
Hay un total de 8 nominados galegos para esta 36ª edición. En primeiro lugar, tendo en conta o gran éxito da película, El buen patrón dirixida por León de Aranoa contará con 3 nominacións. Por un lado, temos a Javier Bardem, principal personaxe do filme e nominado ao mellor actor protagonista. Por outro lado, Celso Bugallo como principal personaxe secundario competirá por levarse a estatuilla ao mellor actor de reparto polo seu traballo dando vida ao personaxe de Fortuna. Por outra parte, a música creada para a película por Zeltia Montes tamén podería levarse o premio ao Goya á mellor música orixinal.
Fora do filme de León de Aranoa, están tamén nominados os galegos Javier Gutiérrez e Luis Tosar. Ambos aparecerán na lista de mellor actor protagonista e competirán polo Goya co xa mencionado Javier Bardem. Luis Tosar ten posibilidades de gañar polo seu papel como Ibon Etxezarreta en Maixabel, o filme que recolle a historia de Maixabel Lasa, viuda de Juan María Jaúregui, que fora asasinado por ETA. Por su parte, Gutiérrez opta ao galardón polo seu traballo en La hija, onde fai de implicado educador nun centro de menores.
Ademais destes premios tan recoñecidos e máis importantes historicamente falando, hay outros premios que non son tan de renome e que están nun segundo plano. No apartado de mellor actor revelación, figura Chechu Salgado, pola súa interpretación en Las leyes de la frontera.
Fora xa das categorías de interpretación, aparece Valentina de Chelo Loureiro, finalista á mellor largometraxe de animación. E The Monkey, de Xosé Zapata, que se atopa como posible mellor cortometraxe de animación.
Xa, por último, Tres, de produción galega con Frifa Films, é finalista nas categorías de mellor guión orixinal e de mellor son.
Komentar