Acércase a 6ª edición de "NOVOS CINEMAS Pontevedra"
- culturazgal
- 8 dic 2021
- 2 Min. de lectura
NOVOS CINEMAS é un Festival Internacional de Cine dirixido a novos/as cineastas de todo o mundo.

Javier Caínzos / Santiago de Compostela
Este certame, que terá lugar na provincia de Pontevedra durante o 14 e o 19 de decembro do 2021, contará con dúas seccións competitivas: Sección Oficial e Latexos/Heartbeats, esta última co obxectivo de dar visibilidade a aquelas producións cunha temática máis fráxil e íntima.
Ao ser un festival que está orientado á detección de talento e que aposta polos/as cineastas emerxentes de todo o mundo, houbo a opción de que todo o que quixera puido presentar o seu traballo/produción para que sexa presentado e proxectado nesta 6ª edición. Para poder ter a posibilidade de ser elexido, os participantes deberon enviar unha largometraxe de non máis de 60 minutos de duración. O requisito disto é que a mencionada largometraxe non fora estreada comercialmente nos cines españois ou emitida en canles de televisión españois públicas ou privadas antes de participar neste certame.
Ademais disto e, como é normal ao ser un festival, outorgaranse un total de 5 premios:
Un xurado composto por críticos de cine outorgará o Premio de la CRÍTICA á mellor largometraxe en competición.
Un xurado Internacional regalará o Premio NOVOS CINEMAS á mellor largometraxe da Sección Oficial cun premio en metálico de 2.000 €.
O Premio LATEXOS, concebido coa colaboración da Cooperativa NUMAX, DUPLEX Cinema, Cooperativa Zumzeig, Círculo de Bellas Artes e CineCiutat, supón a exhibición comercial da premiada largometraxe da sección Latexos en NUMAX (Santiago de Compostela), DUPLEX Cinema (Ferrol), Zumzeig (Barcelona), Círculo de Bellas Artes (Madrid) y CineCiutat (Palma de Mallorca).
Un xurado xoven, composto por un número de estudantes universitarios (UVIGO) designados por NOVOS CINEMAS, elexirá ao gañador do Premio XURADO NOVO de la Sección Oficial, cunha dotación económica de 500 €, en forma de Beca para o realizador da película gañadora.
Invitarase ao público a participar e decidir o gañador do PREMIO DEL PÚBLICO (destinado a promover a distribución da película gañadora).
O festival tamén dará moita importancia á directora e guionista María Pérez Sanz repasando toda a súa carreira cinematográfica e tratando, moi a fondo, a súa obra. Tamén contará coa sección Por Primera o Última vez, na que se repasarán películas antigas que na súa época brillaron polas súas características innovadoras e rompedoras. Por último, a Apertura e o peche, na que se presentarán dous traballos de Marcos Nine e Chema García Ibarra.
Ademais disto, contan con dous espazos de moita interactividade. Por un lado #LAB e por outo lado #AULA.
Pódense xa mercar as entradas para poder disfrutar desta 6ª edición.
Comments