Os bulos que relacionan a morte de Halyna Hutchins cun documental sobre a pedofilia en Hollywood
- culturazgal
- 24 nov 2021
- 4 Min. de lectura
A morte da directora de fotografía de “Rust” provocou a difusión de informacións falsas

Redación / Santiago de Compostela
O mundo cinematrográfico hollywoodiense está inmerso en constantes polémicas que favorecen a aparición e viralización de fake news. Unhas das máis recentes son aquelas novas falsas sobre a morte accidental da directora de fotografía, Halyna Hutchins, que faleceu por un disparo do actor Alec Baldwin na rodaxe da película “Rust”.
A primeira hipótese que se barallou foi a de que aínda que fora unha pistola de atrezzo as balas de fogueo ao saír con gran velocidade poden ser quen de causar feridas graves ou letais a corta distancia. Nunha nota do diario The New York Times, describíuse o momento do incidente revelando que Baldwin atopábase sentado nun banco de madeira da igrexa, ensaiando unha escena que involucraba “debuxar unha cruz” cun revólver e apuntar á lente da cámara, mentres que Souza e Hutchins atopábanse fronte a él “vendo o ángulo da cámara”, o que deu pé a validar a hipótese. Ademais, no primeiro comunicado, o sheriff declarou que os tiros “foron disparados por unha pistola de fogueo accionada por Alec Baldwin, productor e actor de 68 anos”. Dende o sitio web de celebridades TMZ dixeron, baseándose en fontes non identificadas relacionadas coa produción, que a pistola entregada a Baldwin fora empregada previamente polos membros do equipo para practicar tiro ao branco fora do set, empregando balas reais.
Agora a trama deu un xiro tras as declaracións dos avogados de Hannah Gutiérrez Reed, armeira da película, que afirman que alguén puido sabotear a rodaxe para introducir balas reais no estudo. Por outra banda, o asistente de dirección David Halls asegurou ante as autoridades ao coñecer a existencia de munición real na rodaxe. Halls, de feito, afirmou non comprobar a pistola de Baldwin e berrar “arma fría” tras pensar que todas as balas eran de fogueo. Tamén están en pé as investigacións sobre a hipótese de que puido ser algún traballador que, non satisfeito coas condicións laborais do proxecto o que provocou protestas por parte dos traballadores días antes do suceso, puido ser quen de cargar a arma no lapso de tempo entre as 11.00 e as 13.00 horas do día, no que segundo o representante legal da armeira de 'Rust', «as armas estiveron desatendidas».
O falso documental que vincula a Halyna Hutchins coa pedofilia
No momento no que foi coñecida a traxedia, todos os medios quixeron facer pública esta noticia, contando a maior cantidade posible de datos. Como esta nova se fixo viral, comezaron a difundirse diferentes teorías sobre este terrible accidente, realizando vinculacións extranas con temas de apoxeo en Hollywood. Por esta mesma razón e aínda que os medios españois non se fixeron eco da información, o medio WGN (World Grey News) difundía unha información relacionada co suceso, titulándoo da seguinte forma: “El siguiente proyecto de Halyna Hutchins fue un documental sobre las redes de pedófilos de Hollywood”.
O principal indicio de que non se trata dunha nova verídica é que a información non se apoiaba en ningunha fonte. De feito cando USA Today que, do mesmo xeito que Newtral.es ou Maldita.es, pertence á International Fact-Checking Network (IFCN) contactaron co seu antigo axente, Craig Mizrah, que desmentiu o contido aclarando que: “Halyna no estaba trabajando, ni estaba asociada ni fue contactada por ningún documental próximo. Sus únicos proyectos propuestos fueron películas narrativas tradicionales", explicou o axente artístico de Hutchins.
Outro dos indicios de que se trata dunha fake news é o propio portal de publicación da nova. O sitio web WGN (World Grey News) preséntase como un ‘prank news website’, é dicir, un portal web de novas de broma. Ademais, conta cun apartado de ‘fake news creator’ (xerador de novas falsas), onde calquera persoa pode escribir un texto e presentalo coma se fose unha nova. Aínda así, a información viralizouse a través das redes sociais. Un exemplo do papel das redes sociais coma difusoras de noticias falseadas é o da conta “Misterios Verdades” que difundiu a seguinte información: “Aquí tenemos otro motivo por el que Alec Baldwin mató a su directora de fotografía: estaba trabajando en un documental sobre la pedofilia en Hollywood”, acompañada por unha fotografía do actor e outra da vítima. Este contido alcanzou un total de 694 retweets.
Un segundo bulo sobre a directora ucraniana
O mesmo medio que desmentiu a viralidade da noticia difundida sobre a morte de Hutchins, publicou outra información sobre unha segunda fake new. Neste caso trataríase dun tweet escrito pola propia actriz na súa conta persoal no que aseguraría o seguinte: “Tengo información que conducirá al arresto de Hillary Clinton”. Deste xeito, tentaríase vincular a súa morte coa loita contra a pedofilia. O medio Newtral, asegurou que non había pruebas de que o contido difundido por Twiter fora real, pois a conta non está verificada e nunca publicara nada.
Por que se viralizaron estas informacións falsas?
Nos últimos tempos disparáronse os discursos conspiranoicos que se expanden rapidamente grazas ás redes sociais. Neste caso, os medios aproveitaron que a morte desta profesional xerou interese sobre a súa persoa para difundir informacións falsas ou, as veces, non contrastadas. Ademais, a pedofilia é un tema que esperta interese e xera morbo. De feito, a teoría de conspiración de QAnon defende sen probas que o expresidente de Estados Unidos, Donald Trump, está buscando acabar cunha rede de pedofilia onde estarían involucrados políticos e estrelas de Hollywood como Alec Baldwin.
Comments