top of page

A cesteira Idoia Cuesta, Premio Artesanía de Galicia 2021

  • culturazgal
  • 14 dic 2021
  • 2 Min. de lectura

Actualizado: 16 dic 2021

Tamén resultaron galardoados o luthier Álvaro Seivane Magide pola súa traxectoria e o obradoiro de cestería La Parabólica que recibiu a Bolsa Eloy Gesto

Gañadores dos Premios Artesanía de Galicia 2021 xunto ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o vicepresidente económico, Francisco Conde. Xunta de Galicia

Lucía Blanco / Lugo


O taller de cestaría de Idoia Cuesta, en Outeiro de Rei (Lugo), alzouse como o mellor proxecto de artesanía de Galicia 2021, pola súa pieza 'Abisal'. Grazas ao deseño dun cesto elaborado con tanza de pesca, un material plástico e translúcido empregado habitualmente para a pesca artesanal, que conforma a peza central dunha colección de cestos máis ampla e baseada na zooloxía mariña, a artesá conseguiu o Premio Artesanía de Galicia, que é a máxima categoría destes galardóns e está dotado con 9.000 euros.


Os obradoiros Santiago Besteiro Design (Monterroso) e Jatafarta (Santiago de Compostela) resultaron finalistas neste apartado dos premios. O xurado destacou que Abisal é unha “peza contemporánea cunha manufactura tradicional e unha manisfestación contuntende do oficio”.


Idoia Cuesta é unha referencia na actualización das técnicas da cestaría e a súa aplicación a diferentes materiais coma o téxtil ou a tanza de pesca, como no caso de Abisal. Gañadora do Premio Produto nos Premios Nacionais de Artesanía no ano 2014 e do Premio de Artesanía Contemporánea 2021 outorgado pola asociación Sacco.


Álvaro Seivane, premio honorífico


O Premio Traxectoria, de carácter honorífico, foi para o luthier Álvaro Seivane Magide, titular do Obradoiro de Gaitas Seivane, pola súa destacada traxectoria profesional e investigadora na gaita galega, a proposta da Asociación Galega de Artesáns.


Álvaro Seivane é o continuador dunha herdanza familiar que ten as súas orixes no século pasado, desde que en 1939 co patriarca Xosé Manuel Seivane Rivas. Hoxe en día, Seivane é un apelido asociado á gaita, á calidade na produción e á innovación. Con Álvaro Seivane como mentor, o obradoiro desenvolveu investigacións sobre cuestións de ton, de timbre, de afinación e de sonoridade, incorporou novos materiais sintéticos, punteiros de afinación regulable e anelas metálicas inoxidables, recuperou o fol tradicional de cabrito e chegou a implantar o de fibras transpirables. No ano 2013, o Obradoiro Seivane recibiu o Premio Nacional de Artesanía e no ano 2014 a Medalla Castelao.


Por outra banda, a Julia de la Cal, do obradoiro de cestería La Parabólica (O Porriño), correspondeulle a Bolsa Eloy Gesto, dotada con 4000 euros que investirá na continuación da súa formación en Francia, coa asociación L’Oserai du Possible, un referente no oficio do traballo con vimbio e coas plantas de teceduría.

Commentaires


bottom of page