Artesanía, deseño e ilustracións made in Galicia no mercado de Nadal de Lugo
- culturazgal
- 9 dic 2021
- 2 Min. de lectura
Actualizado: 16 dic 2021
Este fin de semana inaugurarase o espazo 'Las Casas del Art y Co' que contará coa participación de doce marcas galegas

Lucía Blanco / Lugo
Os mercados de Nadal son un dos eventos imprescindibles nestas datas. Este fin de semana é o turno da cidade das murallas que inaugura o espazo 'Las Casas del Árt y Co'. Esta sétima edición contará cunha selección de marcas e artistas galegos que achegarán as súas propostas de xoiería, moda, fotografía e ilustración.
O vindeiro sábado 11 e domingo 12 serán doce marcas as que ofrecerán os seus produtos no espazo. Entre a selección atópanse a firma de xoiería Fento do vento, que amosará algunha das súas pezas únicas e artesanais deseñadas para aquelas persoas que senten respecto e paixón pola natureza e o obradoiro de María Cala, especializado na xoiería en prata.
A moda será outro dos puntos fortes do encontro grazas á participación da tenda Salsagaucha, caracterizada pola elaboración textil ecosostible que mestura deseño, tradición e modernidade. A marca de bolsos de elaboración artesanal, Jerolas, é outra das firmas que estará no mercado.
Visibilizar aos artistas locais
O evento tamén contará coa participación de artistas como Leandro Barea, que amosará os materiais gráficos da súa marca Bazar Leandro, entre os que destacan as láminas e pósters e os retratos. No mostra tamén se poderán atopar as obras de Iria Ribadomar fundadora de Deica Creacións, un proxecto que trata de sintetizar, en ilustracións, a identidade da cultura galega.
O market 'Las Casas del Árt y Co', situado en La Ferretería Eventos & Co na Rúa San Froilán nº11, comezará este fin de semana pero os que queiran achegarse terán outra oportunidade o
o sábado 18 e domingo 19. O horario para as dúas fins de semana é de 11.00 a 21.00 e a entrada é de balde.

Comments