top of page

A música, o complemento ideal para a cinematografía

  • culturazgal
  • 17 nov 2021
  • 2 Min. de lectura

Actualizado: 27 nov 2021

A Real Filharmonía de Galicia colabora, como xa é habitual, con Cineuropa poñéndolle (en directo) a banda sonora á película "O Peregrino" de Charles Chaplin


Portada do evento. Cedida.

Javier Caínzos / Santiago de Compostela


Cineuropa segue a súa 35ª edición por Santiago de Compostela para completar a súa programación e calendario, onde cada día o festival ofrece numerosas actividades sobre o mundo do cinema para potencialo tanto a nivel nacional como a nivel internacional.


Por isto, este xoves 18 de novembro, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Galicia a proxección do filme "O peregrino". Esta película de Charles Chaplin de 1923, cunha duración duns 50 minutos, é a cuestión central e principal deste evento que, xunto coa música, fan a mezcla perfecta para disfrutar desta histórica película cun dos personaxes de maior influencia na arte da cinematografía como é o cineasta Charles Chaplin.


O papel que xoga a música para esta mediometraxe é que a Real Filharmonía de Galicia encargarase de por a banda sonora ao filme. A música, composta no 1959 polo xa mencionado cineasta, foi restaurada por Timothy Brock no ano 2002, quen tamén dirixirá o concerto.


Timothy Brock, director do concerto. Cedida

Timothy Brock é un activo director e compositor especializado en obras de concerto de principios do século XX e representacións en vivo de cine mudo.


O seu traballo sobre as partituras de Charles Chaplin comezou en 1998 cando lle encomendan a restauración da ilustre partitura de Tempos modernos e desde entón restaurou 12 longametraxes mudas de Chaplin e partituras curtas ata que rematou o traballo en 2012.



Músicos/as da Real Filharmonía de Galicia. Cedida.

A Real Filharmonía de Galicia créase no ano 1996 en Santiago de Compostela, e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia, na cidade de Santiago de Compostela. Está formada por cincuenta músicos de 17 nacionalidades diferentes. Paul Daniel é, dende 2013, o seu director titular e artístico; Maximino Zumalave o seu director asociado e Joana Carneiro a principal directora convidada.



Comments


bottom of page