top of page

A santiaguesa Francesca de Nigris obtén o premio do certame de cocina do programa Xuventude Crea

  • culturazgal
  • 13 nov 2021
  • 1 Min. de lectura
A Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos de Santiago converteuse na cocina dos finalistas, que elaboraron os seus pratos


Francesca de Nigris elaborando o seu prato gañador na Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos de Santiago. CEDIDA.

Sabela Freire / Santiago de Compostela


O certame de cocina do programa Xuventude Crea 2021 presentou aos seus finalistas na Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos de Santiago o pasado día 6 de novembro. Nesta reunión, os finalistas tiveron a oportunidade de mostrar a súa destreza culinaria mediante a elaboración dos seus pratos.


A Xunta deu a coñecer o nome dos gañadores no encontro. O primer posto adquiriuno a santiaguesa Francesca de Nigris co seu prato “Tartaleta de castañas con cremoso queixo San Simón e coulis de pera e mostaza”. O equipo de Cospeito formado por Andrea Prado e Miguel Morán Gueimonde obtiveron a segunda posición con “Nube de albaca e xeado de tomate de Carmen, sobre sopa fría de queixo de Cebreiro”. Os lucenses Michael Cebral López e Pablo Torreira Pardo co seu prato “Esencia de fraga” conseguiron o tercer posto, ao igual que a trivesa Ainhoa Martínez Álvarez, con “Entroidallo”. A gañadora obterá un premio de 3.000 euros. O segundo posto está dotado dunha gratificación económica de 1.500 euros e o terceiro con 1.000 euros.

Os finalistas do certame de cocina do programa Xuventude Crea 2021. CEDIDA

Os finalistas tiveron dúas horas para elaborar a súa proposta, que consistiu en cociñar un prato doce ou salgado, onde a súa base estivera formada por produtos avalados polas diferentes denominación de orixe de Galicia ou pola Federación de Prazas de Abastos de Galicia.

Comments


bottom of page