A XXXV edición de Cineuropa lanza a exposición “Cine para ler”
- culturazgal
- 10 nov 2021
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 13 nov 2021
O certame de Cineuropa segue coa súa promoción en diferentes lugares de Santiago de Compostela

Javier Caínzos / Santiago de Compostela
Como ben é sabido, entre o 8 e o 24 de novembro estarase celebrando o festival Cineuropa. Xa van 34 edicións e non parece que se vaia rematar (al menos non ata dentro de moitos anos) polo gran éxito que ten na sociedade galega de Santiago de Compostela e a gran acollida que transmite cada ano. Ademais, este ano ten unha peculiaridade nova: o salto a festival competitivo coa sección Novas/os cineastas.
Grazas á celebración deste festival, novembro é o mes por antonomasia do cine na capital galega. É por isto, polo que a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal organiza unha exposición para falar e ler sobre cine cos distintos documentos e películas que conforman toda a exposición.

Celébrase entre o venres 5 e o mércores 10 deste mes (novembro). Un total de 5 días para poder disfrutar dunha exposición que amosa a gran cultura cinematográfica (carteles, libros sobre cine, documentais, documentos de edicións anteriores de Cineuropa) que ten o certame.
A parte desta temática sobre cine de toda índole, a exposición tamén conta cunha homenaxe sobre os que foron directores de cine como Fernando Fernán Gómez e Luís García Berlanga no seu centenario.
Por último, a exposición pode visitarse na 2ª planta no horario de apertura da biblioteca. As entrada son gratuitas e está dirixido tanto ao público adulto como ao xuvenil.
Comments