ACEGA solidarízase cos celíacos de La Palma
- culturazgal
- 4 nov 2021
- 1 Min. de lectura
A asociación conseguiu recadar máis de 600 kg de comida sen glute para enviar á illa

Sabela Freire / Santiago
Ante a dura situación na que está sumerxida a illa de La Palma, a Asociación de Celíacos de Tenerife solicitou a axuda da Asociación de Celíacos de Galicia. As persoas celíacas teñen máis difícil acceder aos alimentos sen glute que, ademais, teñen un custo superior.
A pesar de haber puntos de acollida de alimentos para que a poboación xeral teña pleno acceso a comida, varios destes postos non dispoñen de alimentos aptos para celíacos. Para facer fronte a este problema, a Asociación de Celíacos de Galicia solidarizáronse cos seus compañeiros da illa e decidiu doar 500 euros en alimentos sen glute. Asimesmo, algúns dos seus socios decidiron colaborar economicamente con 300 euros a maiores.
ACEGA, coa axuda da campaña #XuntosSumamos e coa colaboración dos seus establecementos asesorados e algúns voluntarios, logrou colocar 19 puntos de recollida repartidos por toda a comunidade para que a xente puidese asistir a doar.
Como fruto do seu traballo, a asociación conseguiu recadar máis de 600 kg de alimentos sen glute para enviar a La Palma. Dende ACEGA síntense moi agradecidos pola masiva colaboración: "Gustaríanos agradecer públicamente a todos os que colaboraron para que isto fose posible e enviarlles moito ánimo a toda a xente de La Palma, que están a pasar momentos tan duros”, expresan dende a asociación.
Comments