top of page

Bueu aposta polos produtos locais co Mercado Ecolóxico e Artesanal

  • culturazgal
  • 24 nov 2021
  • 2 Min. de lectura
O evento chega ao municipio este domingo e ofrece máis dunha vintena de postos ecolóxicos, artesanais e gastronómicos xunto con actividades para o público

cartel do Mercado Ecolóxico e Artesanal. CEDIDA.

Sabela Freire / Santiago de Compostela


O Concello de Bueu acolle este domingo, 28 de novembro, o Mercado Ecolóxico e Artesanal, onde máis dunha vintena de postos ecolóxicos, gastronómicos e artesanais encherán a carpa dos Xardíns de Urbano Lugrís- As Lagoas. O alcalde do municipio, Félix Juncal e a concelleira de promoción económica e turismo, Silvia Carballo, destacaron na rolda de prensa celebrada onte, a finalidade do evento, catalogándoo coma un “proxecto que demostra o compromiso polos produtos locais e a concienciación na sociedade”, explicaron.


A nova edición do Mercado Ecolóxico Artesanal volve a Bueu para cativar á poboación a través de postos ecolóxicos e artesanais. Ademais, dentro da programación do evento, que ocupará dende as once da mañá ata as oito da tarde, haberá diferentes actividades coma obradoiros para os mais pequeños e para os adultos, a demostración de coctelería e charlas. A venta de produtos locais non é o único fin que busca o Concello, coas actividades paralelas pretenden que os veciños aprendan a disfrutar dun día en familia.


A técnica de desenvolvemento local, Sonia Cabodevila, fixo fincapé na oportunidade que ofrece o evento aos produtores: “ofrece unha oportunidade aos produtores que se viron prexudicados pola pandemia e a cancelación destes eventos”, declarou. O Mercado Ecolóxico e Artesanal, que incluirá todas as medidas de prevención da covid, contará cunha gran variedade de postos de venda, onde haberá hortalizas, fungos, sementes, panadería e restauración, queixo, mel e artesanía, entre outros.


A programación do domingo 28 comeza ás 12:30 horas cunha charla dirixida polo director industrial e de plante de “El Nogal”, Pedro Álvarez, sobre o cultivo de froitos secos en Galicia. Neste encontró exhibirase un proxecto piloto que desenvolveu a industria abeleira. Á mesma hora celebrarase un obradoiro infantil de reciclaxe chamado “Homiños de pau”, no que se ensinará a elaborar figuras con paus. Media hora máis tarde, realizarase unha demostración de coctelería e sesión vermú con produtos ecolóxicos, coa actuación da charanga BCB para animar a mañá. Pola tarde, ás 17:30 horas, executarase un obradoiro da man da marca de cerámicas marinense, “Alén das olas”, onde se ensinará a decorar pezas de olería á rapazada.


Comments


bottom of page