top of page

Ciclo de encontros literarios con Antía Yáñez

  • culturazgal
  • 17 nov 2021
  • 2 Min. de lectura
O pasado día 15 de novembro deu comezo o ciclo de encontros literarios dirixidos por Antía Yáñez arredor das súas obras na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela que extenderase ata os día 29 e 30 de novembro

Laura García/ Santiago de Compostela


O primeiro encontro tratou a súa obra Plan de rescate e os vindeiros, que se celebrarán os días 29 e 30 de novembro ás 18.30 e ás 19.00 horas respectivamente, no salón de actos da Biblioteca Ánxel Casal, tratarán sobre Be water e Senlleiras. Estas actividades atópanse encadradas dentro do marco do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021-2022.


No primeiro faladoiro sobre Plan de rescate os asistentes conversaron sobre as aventuras que poden chegar a vivirse nas escolas. Tamén sobre como os nenos e nenas con diversidade funcional tamén poden ser heroes e heroínas e de que non importa de onde saímos, senón que todo o mundo ten dereito a chegar ao mesmo lugar. Ademáis, tratóuse tamén a importancia das palabras, baseándose en documentos como a Guía de estilo de Down Galicia e rematou cun debate arredor dos termos igualdade vs equidade.



O próximo faladoiro centrado na obra Be water que celebrarase o 29 de Novembro ás 18.30 horas está dirixido á rapazada de entre 13 e 16 anos está enfocada cara a reflexión sobre o futuro, o ecoloxismo e as relacións sexo-afectivas dos e das adolescentes, entre outros. Algunhas das cuestións que trataranse son: Poden existir visións de xénero nun eido como o acceso á auga? Que diferenzas existen na narrativa mainstream á hora de falar das relacións sexuais de mulleres e de homes? Encamiñámonos cara a un futuro que aínda ten solución ou estamos condenados e condenadas?






O último encontro sobre Senlleiras celebrarase o 30 de novembro ás 19.00 horas dirixido a maiores de 16 anos. Será un faladoiro no que se reflexionará acerca do machismo e da violencia de xénero, poñendo especial fincapé na violencia psicolóxica, esa, por desgraza, que aínda é unha gran descoñecida. Algunhas das cuestións a tratar serán: Como se pode saber se unha muller é maltratada se non hai marcas na súa pel? Machismo, sexismo, maltrato...chegaremos a erradicalos algún día?







As persoas interesadas en calquera dos próximos faladoiros poderán retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Comments


bottom of page