‘Desnortada’, o novo de Rosalía Fernández Rial
- culturazgal
- 5 dic 2021
- 1 Min. de lectura
A carballesa-muxiá vén de publicar un novo poemario, da man de Edicións Espiral Maior

Laura García/ Santiago de Compostela
A poeta Rosalía Fernández Rial presentará o seu novo libro acompañada da escritora Montse Pena Presas e do editor Miguel Anxo Fernán Vello, na libraría pontevedresa Libraría Paz o día 10 de decembro ás 7.30 horas.
A carballesa-muxiá, Rosalía Fernández Rial presenta este novo poemario chamado ‘Desnortada’ da man de Edicións Espiral Maior, dentro da colección de poesía Alba Longa, e que chegou ás librarías a primeira semana de novembro, aínda que a autora continúa na súa “xira” de presentacións.
Descrita como unha das voces máis reveladoras da poesía galega actual, Rosalía foi galardoada recentemente como autora do mellor poema 2020 no festival galego-portugués aRi[t]mar.
«Irmos até o fondo» da experiencia vital asociada a unha experiencia da linguaxe que se transmuta en música, corpo e beleza sensorial é o destino último desta nova obra da tamén narradora e ensaísta, avanzou Espiral Maior. Composto por 54 poemas, 'Desnortada' é un libro con fotografía de portada de Vari Caramés, pero tamén un cedé, gravado no estudio de Manolo Dourado, que contén 8 poemas con voz da propia Rosalía e composición musical e interpretación ao acordeón a cargo de María Álvarez.
A editorial, que cumpre 30 anos, celebra con este poemario unha vida dedicada particularmente á poesía, e disposta a encarar con novos retos e formas «un futuro inmediato».
Comments