top of page

Grandes, o apelido dunha inmensa escritora

  • culturazgal
  • 1 dic 2021
  • 6 Min. de lectura
Grandes é o apelido dunha enorme, inmensa escritora. Grande, moi grande, coma o plural do seu nome indica, Almudena foi e será un referente da España da transición, da modernidade e dunha nova forma de ver, de vivir e de entender a vida


Imaxe de Almudena Grandes

Laura García/ Santiago de Compostela


A escritora, que faleceu o pasado sábado na súa loita contra o cancro do que fora diagnosticada fai un par de meses, foi quen de embelesar a todo o que tiña preto, ademais de, por suposto aos seus lectores que a acompañaron, no que sería o último paseo da autora, coas súas obras en man, rosas e bandeiras republicanas. Toda ofrenda foi pouca.


A homenaxe a Almudena Grandes tomou como referencia o que se lle realizou a José Saramago en Lisboa. Coma no caso do escritor portugués, as súas reivindicacións en vida foron celebradas neste día coa mesma paixón que os seus textos.


A escritora naceu no Madrid dos sesenta no barrio de Chamartín. Os seus primeiros pasos no mundo literario deunos escribindo textos para enciclopedias. Licenciouse en Xeografía e Historia, pero dende pequena gardara unha intimidade especial coa literatura. Intimidade e, tamén conexión, que desenvolveu durante 40 anos coas súas colaboracións para o diario O País, as súas novelas, contos e as súas intervencións políticas e sociais na radio.


Na súa magnífica e extensa produción literaria, Almudena reflectiu coma ninguén a sociedade española, coas súas luces e sombras, mais sempre dende unha perspectiva orixinal e positiva. A autora despuntóu con moitas obras durante a súa ampla carreira, mais certos libros alcanzaron un éxito especial, as veces centrados en retratos de mulleres cunha enorme personalidade como as protagonistas de 'Las edades de Lulú' ou 'Malena es un nombre de tango' e sempre cunha especial sensibilidade coa memoria dos vencidos na Guerra Civil.



Para levar a cabo unha homenaxe, non pode haber nada mellor que rememorar a súa faceta como escritora a través dos seus libros, os que manterán a súa esencia sempre viva.


‘Las edades de Lulú’


A súa primeira novela, ‘Las edades de Lulú’ , editada en 1989, converteuse en todo un fenómeno social, foi un salto histórico: a través do erotismo, Grandes falaba da sociedade e da política da España dos 80, debuxaba unha novela de iniciación á idade adulta allea a todos os tópicos e, no seu afán realista, renunciaba ao linguaxe figurado, que se empregara ata entón neste xénero. Un ano despois da súa publicación, o director Bigas Lunas encargouse de trasladar todo o seu erotismo á gran pantalla. Ademais, foi incluída na lista das 100 mellores novelas en español do século XX do xornal español El Mundo.


Sinopse: “Sumida aínda nos temores dunha infancia carente de afecto, Lulú, unha nena de quince anos, sucumbe á atracción que exerce sobre ela un mozo, amigo da familia, a quen ata entón ela desexara vagamente. Despois desta primeira experiencia, Lulú, nena eterna, alimenta durante anos, en solitario, a pantasma daquel home que acaba por aceptar o desafío de prolongar indefinidamente, na súa peculiar relación sexual, o xogo amoroso da nenez. Pero o sortilexio arriscado de vivir fóra da realidade rompe bruscamente un día, cando Lulú, xa con trinta anos, precipítase, indefensa pero febrilmente, no inferno dos desexos perigosos.”



‘Malena es un nombre de tango’


Malena, co seu nome de tango, deixou claro que o éxito de Almudena Grandes non era só flor dun día, consagrouse como unha escritora maiúscula. Tamén foi adaptada ao cine, neste caso por Gerardo Herrero, co rostro da actriz Ariadna Gil.


Sinopse: “Malena ten doce anos cando recibe, sen razón, e sen dereito algún, de mans do seu avó o último tesouro que conserva a familia : unha esmeralda antiga, sen tallar, da que ela nunca poderá falar porque algún día salvaralle a vida. A partir de entón, esa nena desorientada e perplexa, que reza en silencio para volverse neno porque presente que xamais conseguirá parecerse á súa irmá xemelga, Raíña, a muller perfecta, empeza a sospeitar que non é a primeira Fernández de Alcántara incapaz de atopar o lugar adecuado no mundo. Proponse entón desenmarañar o labirinto de segredos que latexa baixo a apracible pel da súa familia, unha exemplar familia burguesa madrileña.”



'El corazón helado'


O compromiso político de Almudena Grandes queda moi patente nesta novela que a autora preparou minuciosamente documentándose sobre a Guerra Civil e entrevistando a persoas marcadas pola contenda. É a historia de dúas familias, unha falanxista e outra republicana, e de como a súa memoria proxéctase na vida dos protagonistas, un home e unha muller, cando a súa vida entrecrúzase.


Sinopse: “O día da súa morte, Julio Carrión, poderoso home de negocios cuxa fortuna se remonta aos anos do franquismo, deixa aos seus fillos unha substanciosa herdanza pero tamén moitos puntos escuros do seu pasado e da súa experiencia na Guerra Civil e na División Azul. No seu enterro , o seu fillo Álvaro, o único que non quixo adicarse aos negocios familiares, sorpréndese pola presenza dunha muller nova e atractiva, á que ninguén vira antes e que parece delatar aspectos descoñecidos da vida íntima do seu pai. Raquel Fernández Perea, pola súa banda, filla e neta de exiliados en Francia, sábeo, en cambio, case todo sobre o pasado dos seus proxenitores e avós, aos que preguntou sobre a súa experiencia da guerra e do exilio. Álvaro e Raquel están condenados a atoparse porque as súas respectivas historias familiares, que son tamén a historia de moitas familias en España, dende a Guerra Civil ata a Transición, forman parte de si mesmos e explican ademais as súas orixes, o seu presente. Tamén porque, sen sabelo, sentirán atraídos sen remedio.”



'Inés y la alegría'


Este libro é o primeiro da ambiciosa serie ‘Episodios de una guerra interminable’ que ía estar composta por seis libros e viuse truncada cando se publicaron cinco (o último é ‘La madre de Frankenstein’, de 2020). Neles rende homenaxe aos 'Episodios nacionales' de Benito Pérez Galdós, mais centrándose nas vidas de personaxes que trataron de resistir contra o franquismo. Esta novela está inspirada na historia real duns guerrilleiros comunistas que quixeron liberar España da ditadura entrando desde o Val de Arán (Lérida) en 1944.



Sinopse: “Toulouse, verán de 1939. Carmen de Pedro, responsable en Francia dos decimados comunistas españois, crúzase con Jesús Monzón, un ex cargo do partido que, sen ela intuílo, alberga un ambicioso plan. Meses máis tarde, Monzón, convertido na súa parella, organizou o grupo máis disciplinado da Resistencia contra a ocupación alemá, prepara a plataforma da Unión Nacional Española e conta cun exército de homes dispostos a invadir España. Entre eles está Galán, que combateu na Agrupación de Guerrilleiros Españois e que cre, como moitos outros no outono de 1944, que tras o desembarco aliado e a retirada dos alemáns, é posible establecer un goberno republicano en Viella. Non moi lonxe de alí, Inés vive recluída e vixiada en casa do seu irmán, delegado provincial de Falanxe en Lérida. Sufriu todas as calamidades desde que, soa en Madrid, apoiou a causa republicana durante a guerra, pero agora, cando oe ás agachadas o anuncio da operación Reconquista de España en Radio Pirenaica, Inés ármase de valor, e de secreta alegría, para deixar atrás os peores anos da súa vida.”



'La madre de Frankenstein'


Como cada título da serie na que se atopa encadrada esta novela, ‘La madre de Frankenstein’ leva un subtítulo programático. Neste caso: ‘Agonía y muerte de Aurora Rodríguez Carballeira en el apogeo de la España nacionalcatólica. Manicomio de mujeres de Ciempozuelos, Madrid, 1954-1956’.


Segundo a autora, ela mesma escríbeo ao final do libro, a novela reflicte todo o contexto da España franquista, á que tivo que enfrontarse o novo psiquiatra Germán Velásquez en 1954 cando decide regresar a súa patria. Os prexuízos, as prohibicións, as persecucións, a situación dos enfermos mentais.



Sinopse: “En 1954, o novo psiquiatra Germán Velázquez volve a España para traballar no manicomio de mulleres de Ciempozuelos, ao sur de Madrid. Tras saír ao exilio en 1939, viviu quince anos en Suíza, acollido pola familia do doutor Goldstein. En Ciempozuelos, Germán reencóntrase con Aurora Rodríguez Carballeira, unha parricida paranoica, moi intelixente, que lle fascinou aos trece anos, e coñece a unha auxiliar de enfermería, María Castejón, á que dona Aurora ensinou a ler e a escribir cando era unha nena. Germán, atraído por María, non entende o rexeitamento desta, e sospeita que a súa vida esconde moitos segredos. Almas xemelgas que queren fuxir dos seus respectivos pasados, Germán e María queren darse unha oportunidade, pero viven nun país humillado, onde os pecados convértense en delitos, e o puritanismo, a moral oficial, encobre todo tipo de abusos e atropelos.”



Comentarios


bottom of page