Julio Rilo presenta 'Los irreductibles' a súa obra prima
- culturazgal
- 26 nov 2021
- 2 Min. de lectura
Julio Rilo presentará o seu primeiro libro ‘Los irreductibles’ acompañado por César Carreño, o próximo luns día 29 de novembro ás 19.30 horas no Ateneo Ferrolán

Laura García/ Sanxenxo
O libro que se desenvolve nunha sociedade con tendencia á distopía con reminiscencias a George Orwell e Aldous Huxley, mais dende un punto de vista máis achegado á comedia, conta a historia de Kino, un escritor frustrado, que xamais imaxinaría que unha decisión motivada unicamente polos cartos fora levarlle a considerar toda a súa vida, ó acceder a unha máquina que lle permitirá revivir as memorias do seu defunto pai. O que comeza como un simple experimento, terminará desembocando nunha serie de decisións que se lle consideren a Kino, quen non está preparado para afrontar as implicacións de que exista unha máquina semellante.
En canto ao autor, o feito de que nunca quixese ser “unha persoa especializada en nada”, senón que “pretendese coñece-lo suficiente de cada cousa como para poder falar con calquera persoa de calquera tema”, é un dos principais motivos polos que Julio Rilo sempre aspirou a converterse nun narrador de historias.
O escritor galego nado en 1990 en Ferrol, sempre foi un fanático do cine, un amante da música e un lector voraz de calquera cousa que pasara polas súas mans, comeza con 'Los Irreductibles' o desafío de converterse en alguén co privilexio de vivir facendo o que lle gusta, de vivir facendo aquelo que faría no seu tempo libre.
A novela ofrece unha visión do que pode estar por chegar na súa incipiente carreira, ofrecendo unha visión sobre os temas que normalmente trata o autor nos seus outros traballos, como poden ser a perda da identidade, os conflitos internos, as motivacións que nos levan ás direccións que terminamos seguindo e a honesta búsquea do “eu” como primeiro paso para acadar a felicidade.
Comentários