O Ateneo de Santiago presenta Los vencejos de Fernando Aramburu
- culturazgal
- 22 nov 2021
- 1 Min. de lectura
Este martes 23 de novembro o Ateneo de Santiago ten programada a presentación da nova novela de Fernando Aramburu

Laura García/ Santiago de Compostela
Este martes, 23 de novembro, ás 19.30 horas, Fernando Aramburu presentará no Ateneo de Santiago a súa nova novela, Los vencejos. O autor estará acompañado no acto por José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura española e Profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela.
Nesta nova novela Aramburu deixa de lado o drama do terrorismo para pasar á ficción. Nesta ocasión a trama segue a Toni, un profesor de instituto que decide poñer fin á súa vida dentro dun ano. No transcurso dese ano o protagonista redacta unha crónica persoal para descubrir as razóns da súa radical decisión. Nestas crónicas contará o seu pasado e intimidade, analizando duramente á súa familia e amigos ademáis da sucesión de episodios amorosos e familiares deste grupo. Toni, empeñado en reencontrarse co seu pasado, inspira unha importante lección de vida.
Fernando Aramburu, natural de San Sebastián, é amplamente coñecido polo éxito de vendas de Patria, o último gran fenómeno literario, traducido a 34 linguas e convertido en prestixiosa serie por Aitor Gabilondo para HBO. Tamén é autor de libros de contos (Los peces de la amargura), obras de non ficción (Autorretrato sin mí) e numerosas novelas xenerosamente premiadas como Años lentos (2012) ou Ávidas pretensiones (2014). Los vencejos, ácida e enternecedora, é a súa nova obra mestra, unha novela que o confirma como un dos mellores escritores europeos.
Kommentare