top of page

“O camiño máis curto acaba sen decatarte, e con el a viaxe”

  • culturazgal
  • 10 nov 2021
  • 2 Min. de lectura

Actualizado: 12 nov 2021

A biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela celebrou o pasado xoves día 3 de novembro o día da tradición oral coa contada para público adulto “Camiños” a cargo da actriz, escritora e contacontos da localidade de Fene, Paula Carballeira

Paula Carballeira na sesión de contacontos. Imaxe propia.

Laura García/ Santiago de Compostela

“O camiño máis curto acaba sen decatarte, e con el a viaxe. O camiño máis longo ten perigos, medos, lobos, espellos nos que te vas recoñecendo, refuxios, misterios, segredos. Hai quen prefire non arriscarse, pero hai quen escolle o camiño máis longo, e escolle tamén o seu propio tempo, o de escoitar os contos para lembralos no regreso. Cada conto desta sesión transcorre nun camiño, ou en varios, os que queiramos seguir.” Desta forma comezaba a contada de Paula Carballeira para o escaso aínda que participativo público que se atopaba no salón de actos nunha tarde-noite de frío case invernal.


O “camiño” comezou cunha historia que poderíase dicir que de colleita propia. Xa que cando a contacontos e o seu irmán eran cativos, a súa nai versionou o conto tradicional infantil da Flor de Lirolai para meterlle medo aos nenos.


Durante esta primeira contada, o salón de actos da Biblioteca Ánxel Casal encheuse de risas, palmas e incluso cantos populares.


O seguinte conto levou ao público a unha pequena aldea de Teo na que actualmente vive a protagonista. Certos sucesos paranormais ocorreron nese pobo e tres veciñas foron quen de contarlle á muller o que ela nunca podería imaxinar... “De noite todo son sombras”, así comezou o relato das historias sobre os espíritos que vagaban polos bosques e sobre unha espeluznante casa encantada da zona que fixo estremecer aos participantes da contada.


Xela Arias foi a protagonista do seguinte conto xa que foi a autora a que relatou nun dous seus libros de narrativa a historia. O conto o protagoniza o seu avó, un home que caracterizábase por falar moito e o cal dicía que “nunha casa sempre ten que haber pan, queixo e chourizo para que os mortos saiban que esa era unha boa casa”. Un día que o home foi a feira a comprar fíxoselle tarde porque polo camiño topou a unha manada de lobos coa mala sorte de que apareceu a Santa Compaña. Para conseguir espantala o home falou e falou ata que a persoa que levaba o candil quedou a durmir e fixo que a Santa Compaña parara a súa procesión por primeira e última vez.


Para finalizar, a contacontos relatou dous micro contos. O primeiro, a historia dun amor prohibido e coma o home perseguindo a unha muller que non era a súa amada polo medio do campo santo foi comido pola súa perseguida. O segundo, unha lenda sobre Santiago de Compostela e o porqué da súa característica néboa que fixo que os asistentes quedaran aínda máis prendados da cidade.

Comments


bottom of page