top of page

O cineasta Alberte Pagán ofrece unha clase maxistral sobre cine

  • culturazgal
  • 13 nov 2021
  • 2 Min. de lectura

Conta oficial de Instagram de Cineuropa

Javier Caínzos / Fene


Este domingo 14 de novembro, ás 17.30 horas, terá lugar no Museo das Peregrinacións unha clase maxistral sobre o esencialismo do propio cinema e os diferentes xeitos de abordalo. Disto encargarase o cineasta, escritor e teórico Alberte Pagán, quen recibe este ano un dos premios Cineuropa (ademais de Verónica Forqué e Nadav Lapid).


Esta clase terá como temática principal a reflexión e as inquietudes sobre o cinema e a sociedade na que vivimos. Ademais disto, esta actividade contará con 7 curtametraxes dirixidas polo prolífico cineasta galego a modo de pequena retrospectiva.


As 7 curtametraxes son as seguintes:

  1. Faustino 1936: Curtametraxe experimental muda do 2010 con 6 minutos de duración.

  2. Película urgente por Palestina: Documental de 14 minutos de duración do 2012. É un panfleto pola autodeterminación, polos dereitos dos pobos e ao retorno.

  3. Walsed: É un estudo cinematográfico sobre o clásico experimental "Visión fantástica" de Eugène Deslaw de 3 minutos de duración do 2014.

  4. Flora e Fauna: Curtametraxe experimental de 13 minutos de duración do ano 2017. Conta a historia do bandolero australiano Ned Kelly con imaxes da fauna e flora australiana.

  5. Benposta (Peneira): Curtametraxe experimental de 8 minutos de duración do ano 2020. Está dedicada ao pobo saharaui.

  6. 25 de Julho (Máscara): Curtametraxe experimental de 3 minutos de duración do ano 2020. A súa temática é a manifestación en tempos de pandemia e o día da patria en Santiago de Compostela.

  7. Dolores: Tamén experimental, é a quinta entrega dos seus Estudos Cinematográficos (“estudo” non como investigación experimental senón como análise crítico). Ten unha duración de 12 minutos e data deste ano (2021).

Máis sobre Alberte Pagán

Alberto Pagán é un dos pioneiros do Novo Cinema Galego e autor dunha filmografía que nos convida á procura e a unha reflexión constantes. O seu obxectivo é indagar en novas texturas fílmicas ou en novas linguaxes cinematográficas experimentando co cine clásico para dinamitar o discurso do clasicismo.


O vindeiro Xoves 18 de novembro, ás 20 horas, proxectarase no Teatro Principal o filme 'Bs. As.' (2006); o cal competiu no Festival de Xixón entre outros moitos certames.


Por último, as entradas a esta charla maxistral serán de balde previa retirada de convite.








コメント


bottom of page