top of page

O festival polas artes inclusivas, 'Festigual', remata este sábado na Coruña

  • culturazgal
  • 26 nov 2021
  • 2 Min. de lectura

Actualizado: 16 dic 2021

Concertos, representacións teatrais e proxeccións poñen punto e final á programación máis ampla da súa historia

A actuación de Tanxugueiras será o broche de ouro do 'Festigual'. El Correo Gallego

Lucía Blanco / Lugo


Despois dun ano marcado pola pandemia, ‘Festigual’, o Festival de Artes pola Inclusión Cultural, recuperou o seu formato habitual ofrecendo a programación máis ampla da súa historia que chega a súa fin este sábado. A iniciativa está organizada pola concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación, xunto coa Fundación Emalcsa, e coa colaboración da Fundación María José Jove, Vegalsa Eroski e a Deputación da Coruña.


A partir das 11.30 horas, o centro Ágora da Coruña ofrecerá unha ampla programación de actividades que pretenden visibilizar a todas as persoas e entidades que loitan cada día por unha cultura máis aberta, con menos barreiras e que inclúa todas as formas de percibir a realidade.


A xornada comezará con ‘metaMorfosis’ unha representación da asociación Poten100mos inspirada en ‘Las Metamorfosis’ de Ovidio e que trata temas de actualidade como a migración, a diversidade funcional e a diversidade sexual nun tono distendido e cómico. Outra das representación escénicas estará a cargo do grupo de teatro adolescente Noites de Bohemia que escenificarán ‘La Casa de Bernarda Alba’.


A inclusión no eido audiovisual poderase descubrir a través da ‘Proyección de audiovisuales de las actividades de Deseño e Son’ da Asociación cultural Zalaeta. Os máis pequenos tamén poderán gozar do festival grazas ao contacontos inclusivo en lingua de signos española ‘A volta ao mundo de Working Wheels a cargo de Polo coreo do vento. As entradas para acudir a todos estes actos son de balde ata completar aforo.



O grupo Tanxugueiras pechará o festival


A música é un dos puntos fortes desta edición. As 13.00 horas os asistentes poderán asistir ao concerto MIP que nace da Asociación Cultural Tres por Cuatro co músico, compositor e Técnico Sociosanitario coruñés, Robert Pier. O broche de ouro será o concerto de Tanxugueiras, ás 20.00 horas que pecharán o ‘Festigual’ e para o que as entradas xa están esgotadas.


O evento exercerá de preámbulo do Día Internacional das Personas con Discapacidade que se conmemora cada 3 de decembro. Por iso, o obxectivo será que todo ese esforzo individual e colectivo de paso á profesionalización e á integración en procesos creativos de persoas con todo tipo de capacidades.


Cartel promocional da quinta edición do ‘Festigual’. Festigual

Comments


bottom of page