Percorridos saborosos a través de Santiago
- culturazgal
- 17 nov 2021
- 3 Min. de lectura
A XIII edición de Santiago(é)Tapas volve a encher a cidade de tapas relacionadas cos diferentes camiños dende o 11 ata o 28 de novembro

Sabela Freire / Santiago de Compostela
A paixón pola gastronomía volve arropar a cidade de Santiago de Compostela coa celebración do XIII Santiago(é)Tapas. O evento se celebra dende o 11 ata o 28 de novembro e consiste nun concurso de tapas no que o público pode disfrutar das diferentes tapas dos locais participantes, tendo a opción de votar polas súas favoritas.
O evento, promovido por Turismo de Santiago e organizado pola Asociación Hostalaría Compostela, ten coma obxectivos claro incentivar a cultura gastronómica, dinamizar a cidade nun mes de menor afluencia turística e presentar a calidade dos hostaleiros e hostaleiras da cidade. A celebración realízase nunha situación epidemiológica que camiña cara a normalidade, por iso, dende a propia organización de Santiago(é)Tapas destacaron o peso que ten o concurso para o sector hosteleiro: “O concurso supón un paso moi importante cara a normalización da situación na hostelería tras un ano e medio condicionados pola evolución da pandemia. Supón tamén unha oportunidade para dinamizar o sector antes do Nadal. Tamén se promociona o produto galego porque todas as tapas teñen que ter polo menos un produto de DO ou IXP galegas”, explican.
A XIII edición de Santiago(é)Tapas conta coa colaboración de Cash Record, Fraga do Corvo, Utimaq, o Obradoiro CAB e a SD Compostela, o festival de cine Cineuropa e a Asociación de Celíacos de Galicia. A organización relata que, a través da elaboración de tapas, dase a coñecer o traballo dos restaurantes e hostaleiros da cidade en formato pequeño, facilitando que o público probe diferentes aperitivos mediante a visita de varios locais. Unha peculariedade destos pequenos pratos é que recordan aos diferentes camiños de Santiago, así se distinguen as etapas que ofrece a celebración: (é)tapa I, que corresponde ao camiño portugués; a (é)tapa II, camiño inglés; (é)tapa III, relativa ao camiño primitivo; (é)tapa IV, camiño do norte, e a (é)tapa V, relacionada co camiño francés. Ademais, existen dous percorridos máis denominados (é)tapa ruta veggie, para as persoas veganas ou vexetarianas, e a II edición do Santiago(é)Cóctel. Dende Santiago(é)Tapas explican como se plasman os diferentes camiños nas rutas de “tapeo”: “Os locais participantes agrupanse por proximidade formando diferentes rutas ou (é)tapas que reciben o nome dos Camiños para que o público poida percorrelas co seu tapasporte (que é como se fora a compostelana que levan os peregrinos) e os locais van selando as tapas consumidas (como van conseguindo selos os peregrinos)”.

No concurso participan un total de 38 locais, entre os que se atopan “A Lareira”, “Entreportas Multitasca”, “Hostal As Margaritas”, “Abrasador Gaia Medieval”, “La Planta” e a “A Sucursal de Moha”, entre otros. Nas bases de participación reúnense as regras ás que se deben ceñir os locais, entre as que se pode atopar o número máximo de tapas que pode presentar cada negocio hosteleiro, o cal corresponde a tres. Diferenciando o tipo de aperitivos, existen dúas modalidades: tapa tradicional e tapa creativa, esta última debe utilizar produtos, técnicas de elaboración e presentación innovadoras. Os prezos das tapas sitúanse entre 1,50 e 3,50 euros.
Premios
Os locais hosteleiros teñen a oportunidade de gañar algúns dos premios da categoría Santiago(é)Tapas e os da votación por parte do público. No caso do Santiago(é)Tapas, distínguense o “Primeiro premio á tapa creativa”, dotado cun diploma e 1.000 euros; o “Primeiro premio á tapa tradicional”, coa mesma gratificación. Despois estaría o “Segundo premio á tapa creativa” e o “Segundo premio á tapa tradicional”, cuxas retribucións son de 500 euros máis un diploma. Ademais, están o “Premio MARIDAXE CERVEZAS ALHAMBRA”, dotado con diploma, 500 euros en produto e un showcooking nun evento do patrocinador e o “Premio Á MELLOR TAPA SEN GLUTE”, concedido pola Asociación de Celíacos de Galicia, e dotado cun diploma e unha cesta de produtos sen glute. No caso dos premios otorgados polo público, distínguese o “Premio tapa do público 2021 na modalidade creativa” e o “Premio tapa do público 2021 na modalidade tradicional”, ambos proporcionan un diploma e 700 euros. A organización adianta que os nomes dos gañadores coñeceranse nunha gala que se celebrará na primeira semana de decembro, pero todavía non está programado o día exacto: “Aínda non podemos anunciar a data”, expresan.
O público que participe nesta edición do Santiago(é)Tapas pode obtar a agasallos e sorteos. Para iso, o participante que complete unha das (é)Tapas, pode presentar o seu Tapasporte na Oficina de Turismo de Santiago, optando a diferentes agasallos, que dependerán do número de percorridos realizados polo usuario. Entre os premios podemos atopar dúas entradas para Cineuropa, una bolsa Mahou e unha camiseta, dúas entradas para un partido da SD Compostela, Pack de viños Fraga do Corvo e un abono dobre para toda a tempada en T1, 2 e 6 do Obradoiro CAB, entre outros.
Comments