top of page

Pontevedra convértese na capital galega do videoxogo

  • culturazgal
  • 2 dic 2021
  • 2 Min. de lectura

Actualizado: 16 dic 2021

O Pazo da Cultura acolle ata o sábado o evento 'PonteInGames' que inclúe torneos, charlas e emisións en “streaming”

Presentación do evento 'Ping PonteInGames'. @PontevedraViva

Lucía Blanco / Santiago de Compostela


Pontevedra aspira a converterse nun referente galego dos videoxogos coa celebración da primeira edición do PonteInGames (PING) neste mes de decembro. O evento gamer, que se desenvolverá durante os días 2, 3 e 4 no Palacio da Cultura, contará con diferentes torneos e charlas, así como emisións en streaming.


As xornadas están impulsadas pola produtora Volvemos a Primeira e patrocinadas pola Concellería de Promoción e Turismo a través de l plataforma #PonteLovers. O evento busca convertirse nunha "cita ineludible" para os amantes do universo gamer, que poderán competir en diversos xogos, escoitar a expertos e compartir experiencias


Segundo explicou no seu día a concelleira Yoya Blanco, esta primeira edición de PonteInGames “incluirá conferencias sobre o mundo del gaming, torneos de videoxogos e ata un programa en directo aberto ao público e streameado”. Yoya Blanco explicou que “trátase dun evento moi esperado” que xa se tiña en mente organizar con anterioridade pero que se esperou a que as condicións permitisen a súa celebración. A programación é moi diversa e, entre outros obxectivos, tamén quere acabar co estereotipo de que os videojuegos “sexan só para nenos”, tal e como explicou na presentación do evento un dos organizadores, Pablo Cacheda.



Enorme colaboración de empresas locais


“Hai que agradecer a implicación e participación de destacados referentes galegos do universo dos videoxogos neste PonteInGames, no que colaboran empresas locais e equipos e asociacións de gaming. Tódolos eventos organizados -afirmou a edil do PSOE- serán de balde, con aforos limitados, pero sen inscrición previa. Os de carácter competitivo terán premios achegados por empresas e comercio locais e, ademais, haberá detalles de tendas, bonecos…”.


Este programa “contará coa participación de streamers galegos cásters e competidores de eSports”. PonteInGames, engadiu a edil, “é un dos proxectos que iniciamos sabendo que atraerá á cidade moitísima xente da nosa contorna e do resto de Galicia e do que esperamos que se consolide e medre noutras edicións” que, avanzou, con seguridade “as haberá”, explicou Blanco.



Concertos, obradoiros e conferencias


O programa ponse en marcha o xoves 2 de decembro a partir das 19:00 horas co concerto do grupo Son do Gaming, que tocará temas históricos dos videoxogos, e unha exhibición de clubs Pro Fifa 22 na que Onente, un dos equipos de Fifa de Europa, se enfrontará á Selección Galega. A programación continuará durante o venres 3 de decembro, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:30 horas, cunha oferta que inclúe o obradoiro ‘Bluescola’, con Polygonestudios e a conferencia ‘Creando Videoxogos Educativos’, da man de Beatriz Legerén (da Universidade de Vigo) e Miguel Areán, entre outras propostas.


A xornada de clausura do sábado 4 de decembro, que terá o mesmo horario que a do venres, contará con tres conferencias: ‘Devuego, unha plataforma de apoio aos #videojuegosespañoles’, protagonizada por Yova Turnes; ‘A Localización de Videoxogos: do texto á pantalla’, a cargo de Ramón Méndez, e ‘O Videoxogo como elemento cultural’, con Carlos Pereiro, Galo e Jacobo Martínez. Entre os eventos destacados do día tamén figuran un directo da streamer galega Spirit.


Cartel promocional do evento PonteInGames. Concello de Pontevedra.

Comentarios


bottom of page