Pontevedra despídese da I Festa dos Cogomelos
- culturazgal
- 21 nov 2021
- 1 Min. de lectura
O evento que se desenvolve desde este venres no Mercado de Abastos celebra hoxe a súa última xornada

Sabela Freire / Pontevedra
A cidade de Pontevedra disfruta da última xornada da I Festa dos Cogomelos. O evento, organizado pola Asociación Gastronómica do Mercado e a Concellería de Promoción Económica e Turismo, asentouse no Gastroespazo do Mercado dende este venres.
O evento gastronómico celebrado no Mercado de Abastros de Pontevedra ten a finalidade de aproveitar a tempada dos cogomelos e ofrecer ao público propostas culinarias diferentes ao que están acostumados.
Na I Festa dos Cogomelos participan sete establecementos do Espazo Gastronómico, que ofertan cinco propostas gastronómicas diferentes. O restaurante Na Pola elabora “La Setísima Burger” por 9, 95 euros. No caso de A Fervella, o seu plato son “Lentellas con Boletos” por 4, 50 euros. Merluzateca oferta a “Pizza Merluzoteca con Croca e Cantarelos” ao prezo de 10 euros. Por último, o prato de A Batea son “Níscalos con mexillóns en escabeche” por 8 euros. A viñoteca O Quiñón é a encargada de servir as bebidas.
Comments