Sargadelos reabre en Madrid unha “embaixada” da súa forma de crear dende Galicia
- culturazgal
- 6 dic 2021
- 2 Min. de lectura
Actualizado: 16 dic 2021
A firma recupera a súa presencia na capital a través dun establecemento situado no exclusivo barrio de Salamanca

Lucía Blanco / Lugo
Tras dous anos sen local na capital española, Sargadelos reabre unha tenda en Madrid. A rúa Lagasca, en pleno barrio de Salamanca, foi o lugar elixido pola icónica firma para inaugurar o espazo de case 195 metros cadrados no que pretenden transmitir aos seus visitantes o compoñente artesanal dos seus procesos de fabricación.
O local, que pretende ser un "espazo único, diferente, evocador, que recolla o espíritu e o ambiente xenuino" destas fábricas, ten unha superficie de 195 metros cadrados. A interiorista Isabel López-Quesada foi a encargada deseño do establecemento no que se respectaron os elementos orixinais do edificio que antes ocupa un paso de carruaxes, como as columnas de ferro ou a altura dos teitos.
Para o mobiliario recorreron ao material de traballo orixinal, empregado durante anos nas fábricas de Sargadelos (Lugo) e O Castro (A Coruña). Entre outros detalles, no escaparate colocáronse as vagonetas que cargadas de pezas de porcelana que entran e saen dos fornos a 1.400 grados de temperatura.
A empresa que Luis Seoane e Isaac Díaz Pardo converteron en todo un símbolo da comunidade pretende que este lugar funcione coma “unha embaixada, unha delegación da nosa maneira de sentir, de pensar, de vivir, que, dende Galicia, e dende fai xa máis de douscentos anos, tratamos de trasladar a outras latitudes”. O establecemento súmase ás trece tendas-galería e aos 89 puntos de venda repartidos pola xeografía española cos que conta a marca ata o momento.
Tradición e innovación
Neste novo espazo pódense atopar os os deseños clásicos da firma de artesanía nos que están presentes os motivos tradicionais galegos. Nos últimos anos, a compañía de Segismundo García iniciou un proceso de expansión internacional, polo que as colaboracións da marca son outros dos produtos que ofrece a nova boutique no barrio máis exclusivo de Madrid.
Entre as novidades destacan o conxunto Rede, a colaboración da firma galega co arquitecto David Chipperfield e as pezas de Sargadelos Legado, a súa liña sostible feita a partir da reciclaxe dos sobrantes do procesos de fabricación das súas fábricas coa que pretenden transmitir tradición e sostenibilidade.
コメント