Virxilio Rodríguez gaña o Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta
- culturazgal
- 6 oct 2021
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 10 nov 2021
A obra Off the record gañou por "unanimidade" segundo o xurado deste galardón, que reuníuse para deliberar no Pazo de San Roque na tarde do pasado sábado

Laura García / Santiago
A novela foi premiada, segundo o xurado composto por membros da fundación, pola súa "lograda estrutura, que alterna o relato en primeira persoa e as informacións de testemuñas nunha gravadora", así como pola “eficiencia narrativa e a pulcritude estilística dunha historia que avanza, imparable, ata un sorprendente final”.
Ademais, quixeron resaltar a “pulcritude estilística” da historia de Off the record, que “avanza, imparable, até un sorprendente final”, segundo destaca nun comunicado a Fundación Xosé Neira Vilas.
Por outra banda, o xurado puxo o foco no “estimábel nivel de participación e a calidade de varias das obras presentadas”, o que confirma “a boa saúde” da que goza este certame.
O vencedor desta sexta edición, Virxilio Rodríguez Vázquez, é profesor de Dereito Penal na Universidade de Vigo. Recibirá o premio esta terza feira, 3 de novembro, nun acto público na Casa do Romano de Vila de Cruces (Pontevedra), sede da Fundación Xosé Neira Vilas.
O galardón está dotado de 1.000 euros e a obra seleccionada será publicada a través de Edicións Embora.
Comments